Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de maio de 2025

A alcaldesa destaca o servizo público que prestará a nova residencia para maiores de Eirís, promovida pola Fundación Amancio Ortega

Inés Rey agradeceu a vontade da entidade de instalar na cidade da Coruña este novo equipamento que conta con 150 prazas

A alcaldesa, Inés Rey, participou esta mañá no acto de entrega da nova residencia de maiores de Eirís, un equipamento asistencial financiado pola Fundación Amancio Ortega (FAO) que contará con máis de 150 prazas e que aumentará os recursos dispoñibles na cidade para atender as persoas en idades máis avanzadas.

A residencia está situada na rúa Solís, no soar onde estaba a antiga escola infantil Virxe do Carme. Dispón dunha unidade especializada en coidados a persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Ademais, tamén conta con servizos específicos de rehabilitación e fisioterapia, entre outros.

Ademais da alcaldesa, na inauguración da instalación estiveron a presidenta da Fundación Amancio Ortega, Flora Pérez; o presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; a concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa; e diversos cargos da FAO, como José Arnau -vicepresidente segundo-, Roberto Cibeira -vogal do seu padroado- e Óscar Ortega -director xeral-.

Tras o percorrido pola residencia, Rey agradeceu a vontade da Fundación Amancio Ortega de instalar na Coruña este novo equipamento, "que responde a unha necesidade da cidade tanto para o presente como para o futuro, xa que a previsión é que o número de prazas para persoas dependentes na Coruña se incremente".

Actualmente, A Coruña supera os 250.000 habitantes, feito que segundo o Instituto Galego de Estatística non ocorría desde o inicio dos anos 90. Desta cifra, máis dun 25% son persoas maiores de 65 anos, unha cuarta parte do total. Concretamente, máis de 63.000, atendendo aos datos do Observatorio Urbano do Concello. Son 7.300 máis que as que se contabilizaban hai unha década, o que dá un apunte clave sobre a tendencia evolutiva da pirámide demográfica da cidade en termos de idade.

Colaboración interadministrativa coa Fundación Amancio Ortega

O Concello da Coruña aprobou a mediados de 2022 a concesión dos permisos urbanísticos necesarios para que a Fundación Amancio Ortega iniciase as obras de construción da residencia, que sufragou con 30 millóns de euros de investimento e que, agora, será xestionada pola Xunta de Galicia, que sacou a concurso o servizo de atención na residencia o pasado mes de marzo.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión