Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xullo de 2026

A alcaldesa e a presidenta da Federación de ANPAS asinan o convenio polo que o Concello financiará as actividades educativas nos colexios no curso 2026-2027

Inés Rey renovou un acordo con 450.000 euros de investimento muncipal que reforza a programación cultural, deportiva e de aprendizaxe de idiomas e inclúe tamén o desenvolvemento da nova edición do Chorus

A alcaldesa, Inés Rey, asinou está mañá o convenio de colaboración coa Federeación de ANPA para o curso 2026-2027. O acordo inclúe un investimento de 450.000 para desenvolvemento de actividades educativas nos centros da cidade, incluídas na programación de Lecer. Por parte da Federación, ratificou o acordo a presidenta, Lidia Paz. 

Como gran novidade, este ano tamén estará dentro da oferta o Chorus, unha iniciativa musical e divulgativa que promoveu o Concello por primeira vez o curso pasado e na que participaron máis de 640 alumnos e que reuniu a máis de 6.000 persoas no concerto final. "Mais tamén blindamos os outros grandes eixes do programa, coas actividades deportivas, culturais e de aprendizaxe de idiomas. Ferramentas diversas moi necesarias para o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas", apuntou a alcaldesa.  

Así, os outros grandes eixos do programa tamén se manterán e reforzarán. A oferta de Arte e Cultura inclúe actividades de teatro, lóxica matemática, ciencia e maxia, expresión plástica, novas tecnoloxías e aprendizaxe da linguaxe de signos. A de Deporte no Centro busca fomentar a práctica de actividade física e os hábitos saudables entre os máis pequenos e os que xa son máis mozos. E a de Idiomas no Centro, dirixida ao alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria, promove a aprendizaxe de inglés e francés para fomentar a súa comprensión e o desenvolvemento da expresión oral por parte das rapazas e rapaces. "Creo que o compromiso do Concello e a Federación queda fora de toda dúbida, porque pechamos, un ano máis, un dos mellores programas posibles para os rapaces e rapazas", engadiu Inés Rey.

O convenio asinado hoxe permite que os colexios públicos da cidade conten con actividades extraescolares que, doutro xeito, estes non poderían ofertar ás familias porque a Xunta, con competencia en Educación, non as financia

Petición dun plan de investimento para os colexios

A alcaldesa tamén reiterou a súa preocupación pola "falta de investimentos por parte da Xunta" na rede colexios públicos na cidade. Do mesmo xeito, volveu pedir ao Goberno autonómico un plan de rehabilitación integral para os centros que realmente de resposta "ás necesidades dos centros públicos de primaria na Coruña, que son cada vez maiores pola falta de solucións". 

"Para o ano 2026 desde o Concello, sen competencias en Educación, temos programada a execución de 1,7 millóns en investimentos nos colexios e 2,7 millóns en execucións de mantemento. Só este verán, haberá máis de 40 actuacións. Estamos a poñer todo o que temos en tratar de dar un servizo digno en todos e cada un dos centros da rede. Mais, e o digo con claridade, non é suficiente. Pedimos unha e outra vez á Xunta que se faga responsable das súas competencias para que os nosos rapaces podan desenvolverse en centros dignos e a altura do que precisan", subliñou Rey.

Este luns, o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, acudiu, en representación do Goberno municipal, a entregarlle ao director territorial da consellería de Educación da Xunta o "Informe das necesidades de rehabilitación e mellora nos centros públicos de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial da cidade da Coruña", un documento elaborado polo Concello onde se detallan todas as carencias que están a sufrir os centros da cidade debido á falta de investimento do Goberno autonómico. A alcaldesa exhortou á Xunta a dar resposta á proposta de colaborar e manter unha interlocución fluida entre administracións para atopar solucións conxuntas e duradeiras. "O Concello fai todo o que está da súa man, pero moitos centros presentan carencias estruturais que deben de ser abordadas pola administración autonómica", remarcou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión