Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de novembro de 2024

A alcaldesa, Inés Rey, abre o XXIII Congreso da CEDE destacando o liderado como clave na aplicación da intelixencia artificial de forma responsable

Á cita asistiron arredor de 1.600 persoas e contou con poñentes como Nadia Calviño, José María Álvarez-Pallete, Francisco Reynés ou Juanjo Cano

A alcaldesa, Inés Rey, abriu esta mañá o XXIII Congreso da Confederación Española de Directivos e Executivos (CEDE), un encontro de referencia nacional que este ano reúne a 1.600 profesionais da dirección baixo o lema 'Liderazgo en tempos de Intelixencia Artificial'.

Entre as persoas relatoras destacan Nadia Calviño, presidenta do Banco Europeo de Investimentos; José María Álvarez-Pallete, presidente executivo de Telefónica; Francisco Reynés, presidente executivo de Naturgy; ou Juanjo Cano, presidente de KPMG.

Rey subliñou a importancia da colaboración entre o sector público e privado para garantir un progreso económico sostible e humano: "Os cimentos do progreso deste país poñédelos as empresas e os emprendedores capaces de xerar actividade económica. É un reto aínda maior nestes tempos de transición, marcados pola irrupción da intelixencia artificial", afirmou. Rey estivo acompañada por Rosa María Carabel, presidenta do Comité Organizador, e Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña. O acto continuou coa intervención de Nadia Calviño, presidenta do BEI, quen ofreceu un relatorio inaugural sobre o liderado en Europa na nova economía verde e dixital.

Rey destacou o papel da Coruña como capital galega das TIC e sede da primeira Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), un logro que atribuíu ao traballo conxunto de administracións, universidades e o tecido empresarial. A alcaldesa animou a reflexionar sobre o uso ético e sostible da IA, lembrando que "o progreso só é avance cando está ao servizo das persoas".

Ademais, tivo palabras de recoñecemento para Nadia Calviño, a quen definiu como "un referente de talento e liderado". Rey agradeceu o seu apoio a proxectos clave para A Coruña, consolidando á cidade como un centro de innovación tecnolóxica e científica.

Visita do Rey de España e clausura do Congreso

A xornada continuou coa visita da súa Maxestade o Rey Felipe VI, quen encabezou unha liña de saúdo oficial a Secretario de Estado de Telecomunicaciones e Infraestructuras Digitales, Antonio Hernando; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e a alcaldesa, Inés Rey. O congreso clausurouse coas intervencións da súa maxestade o Rey, o presidente da Xunta de Galicia e Isidro Fainé, presidente da Fundación CEDE.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión