Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xullo de 2025

A alcaldesa Inés Rey aposta pola colaboración co tecido empresarial como motor de crecemento da Coruña

A rexedora participou esta mañá no almorzo informativo organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña, onde destacou os datos positivos de emprego e anunciou o Plan Laboral Coruña 2025

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este martes no almorzo informativo da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), celebrado no Hotel Attica 21, nun encontro que reuniu a preto de 90 representantes do tecido empresarial e económico da cidade.

Na súa intervención, a rexedora destacou o papel fundamental do empresariado no desenvolvemento da cidade e reafirmou o compromiso do Goberno local coa colaboración público-privada. "A Coruña é hoxe unha cidade aberta, dinámica e líder na creación de novas empresas en Galicia, e isto é posible grazas ao talento e ao impulso do noso tecido produtivo", sinalou.

Rey puxo en valor os datos económicos actuais, como o récord de persoas ocupadas, a constitución de 1.972 novas empresas en 2024 na área coruñesa ou o incremento do número de autónomos, que lidera o crecemento galego. Ademais, anunciou a próxima posta en marcha do Plan Laboral Coruña 2025, que ofrecerá formación e apoio á inserción laboral para cen persoas desempregadas da comarca, cun enfoque adaptado ás necesidades reais do mercado. 

No acto tamén interviron o presidente da CEC, Antonio Fontenla; o director xeral do Banco Sabadell Gallego, Pablo Junceda; e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. A alcaldesa foi recibida polo presidente da Confederación e compartiu almorzo con representantes de empresas e institucións de referencia na cidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión