2 de outubro de 2024
O concelleiro Francisco Díaz Gallego presentou a programación desta quinta edición, que incluirá charlas e conferencias de grande interese, ademais de visitas a edificios de referencia
A Semana da Arquitectura 2024 celebrarase na cidade do 7 ao 13 de outubro. O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda, Francisco Díaz Gallego, presentou esta mañá a programación desta quinta edición xunto ao director da Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC), Miguel Abelleira, e a presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) da Coruña, Ruth Varela.
Nesta edición o programa xirará en torno á arquitectura vertical da cidade, "un modelo de crecemento que a fai única no país e que deu grandes exemplos de proxectos arquitectónicos", sinalou Díaz Gallego durante o acto. "O Goberno de Inés Rey segue poñendo no foco e achegando á cidadanía o traballo urbanístico e arquitectónico levado a cabo na cidade desde a súa orixe a través desta iniciativa", indicou o concelleiro.
A homenaxe a estes proxectos comezará, simbolicamente, coa primeira torre da cidade, a Torre de Hércules, e continuará con todos os proxectos en altura que se executaron ou proxectaron na cidade, incluíndo como puntos clave a torre do Banco Pastor, que será visitada o martes 8, a Torre de Control Marítimo, que tamén inclúe unha visita o domingo 13, e unha ruta polas torres da contorna de Juan Flórez. A exposición 'As torres coruñesas. Exposición de traballos de Historia da Arquitectura' instalarase desde o luns 7 ás 19.00 horas na sala de exposicións de María Pita, con entrada de balde.
Por outra banda, a programación tamén inclúe coloquios e conferencias de grande interese como as de José Antonio Franco Taboada, arquitecto da Torre Hercón, entre outros proxectos, Juan Pérez Valcárcel, catedrático de Estruturas da UDC, ou a mesa redonda 'Altura de miras. Debate sobre os modelos de cidade' sobre modelos de crecemento, na que participarán Teresa Táboas, Sonia Puente, Luciano Alfaya ou Jesús Conde, que terá lugar o venres 11 ás 18.00 na sede do COAG.
A Semana da Arquitectura está organizada polo Concello coa colaboración da ETSAC, a UDC e o COAG. Ademais, nesta edición colabora a Deputación da Coruña e o Banco Santander. Para as visitas do martes 8, sábado 12 e domingo 13 será necesario enviar un correo a semanadaarquitectura2024@coruna.gal.
Programación da Semana da Arquitectura 2024
Luns 7
Martes 8
Mércores 9
Xoves 10
Venres 11
Sábado 12
Domingo 13
2 de outubro de 2024
29 de setembro de 2024
27 de setembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible