Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de abril de 2023

A Banda Municipal adéntrase este xoves no mundo da literatura, cun concerto temático que contará co acompañamento de Alicia Longueira como narradora

A segunda parte da programación está dedicada, de forma íntegra, a pezas clásicas da literatura galega, como ‘Negra sombra’, de Rosalía de Castro

A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) volve este xoves 27 ao Teatro Colón, nun concerto no que a agrupación se achegará ao mundo da literatura, co acompañamento da filóloga e actriz Alicia Longueira Moris como narradora.

A actuación da Banda, que comezará ás 20.00 horas, abrirase coa presentación de 'La rosa i el drac', unha marcha cristiana de corte medieval inspirada na nova versión sobre a lenda de Sant Jordi. 

A continuación, a agrupación adentrarase no mundo fantástico de Tolkien a través das composicións do neerlandés Johan de Meij, autor dunha sinfonía baseada na figura dun dos grandes protagonistas do 'Señor dos Aneis', o mago Gandalf.

Pechará a primeira parte do concerto a peza 'Oscar for Amnesty', que se achega á vida de Marianella García Villas, salvadoreña que presidiu a Comisión de Dereitos Humanos do Salvador (CDHES) e que, a comezos dos anos oitenta, foi asasinada. 

A literatura galega vertebra unha ampla parte da programación do concerto

A continuación, e xa na segunda parte do concerto, a BMMC achegarase a clásicos da literatura galega. Haberá tempo para gozar, por exemplo, da canción 'Rosa de abril', adaptación dun poema dos 'Cantares Gallegos' de Rosalía de Castro, ao que puxo música Andrés Gaos. Non será o único legado de Rosalía que cobrará protagonismo no concerto deste xoves, xa que a BMMC tamén interpretará 'Negra sombra'.

As músicas e músicos da Banda Municipal pecharán o concerto coa 'Suite galaica', unha composición de Antón Alcalde que, como principal singularidade, abordará no segundo movemento e, en clave creativa, narrará o conxuro da queimada, en directo.

Durante o concerto a banda contará coa colaboración especial de Alicia Longueira Moris, que fará un fío conductor, en clave literaria, do recital, de marcado carácter festivo.

Como xa é habitual, a sesión será de acceso libre ata completar a capacidade do recinto. Retransmitirase tamén en directo a través da canle oficial da BMMC en YouTube.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión