Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de outubro de 2025

A Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá 17 actuacións gratuítas no Teatro Colón ata o 24 de maio

Este domingo a formación iniciará temporada co chelo Raúl Mirás como solista

Este domingo 12 de outubro dará comezo unha nova temporada da Banda Municipal de Música da Coruña. O concerto de apertura contará co coruñés Raúl Mirás, chelo na Orquestra Sinfónica de Galicia, como solista. A programación conta cun total de 17 concertos que se celebrarán no Teatro Colón, domingos ás 12.15 horas, ata o 24 de maio. A entrada é gratuíta ata completar capacidade.

"Desde o Concello apostamos por unha programación da BMMC cun amplo repertorio e que cree sinerxías con entidades e agrupacións culturais locais, co fin último de achegar a música e a cultura á cidadanía", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. A programación da banda forma parte da ampla oferta musical e cultural que impulsa o Goberno de Inés Rey.

O principal obxectivo da programación artística da BMMC é ofrecer mediante a excelencia artística un mosaico de rexistros que abarcan desde o repertorio sinfónico universal, ata a máis presente vangarda con varias estreas na presente tempada. Todo iso cun eixo vertebrador como é o compromiso con Galicia e con Coruña, co noso patrimonio tanto musical como de elenco de artistas e compositores, así como de figuras emerxentes do ámbito da composición ou a interpretación. Agrupacións como o Coro da OSG, ou institucións musicais da cidade como os dous conservatorios, o profesional e o superior e unha colaboración co Conservatorio de Danza de Coruña son mostra da inclusión dos axentes musicais de Coruña no proxecto musical. Igualmente A BMMC participa en diferentes as iniciativas que organiza ou colabora o Concello desde a área de Cultura e Turismo, como o Festival Resis ou a Semana do Cinema Galego.

Igualmente impulsouse o labor pedagóxico da BMMC cun ciclo de 14 concertos escolares no proxecto 'Vai a Banda' programados para o mes de marzo. Na edición deste ano pasaron máis de 5.000 escolares polo ciclo. Igualmente, realizáronse concertos dentro do festival de inclusión Festigual.

Nesta tempada haberá un especial coidado e difusión do patrimonio musical galego, con especial dedicación na Letras Galegas onde se presentará 'Carme, sempre túa', un drama escénico en dous actos sobre textos de Manuel Brey e a colaboración da coa colaboración da Escola de Artes Escénicas da Estrada.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión