Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de abril de 2026

A Banda Municipal de Música da Coruña ofrecerá unha gala lírica e literaria con motivo do Día do Libro no Centro Ágora

A actuación contará coa colaboración da aula de canto do Conservatorio Superior de Música

A Banda Municipal de Música da Coruña ofrece este xoves, 23 de abril, dentro do seu Ciclo de Primavera, un concerto especial con motivo do Día do Libro. Trátase dunha gala lírica e literaria que contará coa colaboración da aula de cando do Conservatorio Superior de Música.

O concerto celebrarase no auditorio do Centro Sociocultural Ágora este xoves a partir das 20.00 horas e o acceso será libre ata completar capacidade. "A Banda Municipal segue a amosar o seu fondo arraigo coa cidade e os seus servizos culturais, ofrecendo un concerto singular polo Día do Libro. Desde o Goberno de Inés Rey traballamos para ofrecer á cidadanía unha oferta de ocio e musical de primeiro nivel", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

O programa deste xoves estará composto por varias zarzuelas e operetas, xéneros moi ligados á literatura. A BMMC estará dirixida por Juan Miguel Romero Llopis e a aula de canto do Conservatorio Superior de Música estará coordinada por Aida Cruz e Nuria Lorenzo.

Esta actuacións enmárcase dentro das actividades municipais programadas polo Día do Libro, que inclúen como acto central un faladoiro que reflexiona sobre a lectura como dereito humano. Baixo o título 'Un libro, unha historia', participarán o profesor de Dereito Constitucional Fernando Flores e o investigador e xestor experto en dereitos culturais Daniel Granados. O coloquio será na Biblioteca Municipal de Estudos Locais o xoves 23 ás 19.30 horas. Ademais, levaranse a cabo soltas de libros na contorna das bibliotecas municipais e outras accións en redes sociais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión