7 de febreiro de 2025
O Concello dálle continuidade á programación cultural de febreiro co Ciclo de Inverno da BMMC, cun convidado especial, Pedro Martínez, gañador do concurso do Conservatorio Superior da Coruña para tocar de solista coa Banda
A Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) dálle continuidade ao seu Ciclo de Inverno esta fin de semana, cun novo concerto que terá lugar no Teatro Colón, ás 12.15 horas deste domingo 9, e no que a formación interpretará pezas inspiradas nos ventos que azoutan a cidade da Coruña nos primeiros meses do ano.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a singularidade desta actuación, "inspirada nesa esencia da Coruña como unha urbe habitada polo vento". Neste sentido, a Banda apostará precisamente por composicións protagonizadas por instrumentos de vento, cunha obertura, 'The Winds of Poseidon', de R. W. Smith. Esta peza irá seguida, xa a continuación, dunha sinfonía de James Curnow, na que cobrará protagonismo o músico Pedro Martínez Juncal.
Juncal, natural de Vilanova de Arousa, foi o último gañador do concurso de interpretación do Conservatorio Superior de Música da Coruña para tocar de solista coa Banda Municipal. "Profesionalmente colaborou con bandas profesionais como a militar de Marín e tamén a nosa BMMC. Ademais, traballou con numerosas bandas desde que arrincou a súa traxectoria co bombardino, coas cales asistiu a diversos certames a escala nacional e internacional", precisou o director titular da Banda Municipal, Juan Miguel Romero Llopis. Actualmente, Juncal está federado na Banda Unión Musical de Meaño.
O concerto, que continuará con pezas de Johan de Meij e Derek Bourgeois, será de acceso libre ata completar a capacidade prevista no Teatro Colón, este domingo.
21 de marzo de 2025
19 de marzo de 2025
15 de marzo de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible