Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2024

A Banda Municipal pecha o seu Ciclo de Inverno cun concerto que viaxa á cultura musical americana e que contará coa pianista Helena García como solista

García, formada no Conservatorio Superior de Música da Coruña, será a gran protagonista da peza central da actuación, unha composición do estadounidense Leroy Anderson

O Concello organiza esta fin de semana un novo concerto da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC), que pecha a súa programación do Ciclo de Inverno co 'American Piano Concerto', unha actuación moi especial que viaxará ás orixes e diversidade de xéneros musicais dos Estados Unidos.

Será este domingo 10 (12.15 horas), no Centro Sociocultural Ágora. Desta forma, o Goberno de Inés Rey dá continuidade á súa aposta por ampliar o abano de localizacións para as actuacións da Banda na Coruña, "co obxectivo de visibilizar o traballo e tradición da agrupación achegándoa aos barrios", expuxo hoxe o concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro.

O concerto inclúe un repertorio variado que lle permitirá ao público asistente gozar con ritmos asociados ás raíces do jazz. "Mais está previsto tocar multitude de xéneros pola amplitude da música americana", apunta o director titular da BMMC, Juan Miguel Romero Llopis. O programa da actuación, estruturado en dúas partes, comezará cunha obertura de Philip Sparke, e irá seguido dunha peza para piano, composta por Leroy Anderson.

Neste estadio do concerto, a gran protagonista será a pianista Helena García (Neda, 2001), unha profesional cunha importante proxección que foi a gañadora do concurso de interpretación do Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM), o que a habilitou para actuar esta fin de semana coa BMMC, como premio.

García, que iniciou os seus estudos de piano no conservatorio Xan Viaño, de Ferrol, continuou a súa formación no CSM, con Javier Ares. Foi entón cando tivo a oportunidade de participar en diversos concertos coa BMMC. Actualmente, García está a ampliar a súa formación en Maastricht (Países Baixos) con Katia Veekmans, grazas a unha bolsa Erasmus, e tamén iniciou os seus estudos de pedagoxía musical no CSM da Coruña.

A segunda parte do concerto comezará coa peza 'Blue Lake', do compositor americano John Barnes Chance, e pecharase cunha suite de danza de Robert Russell Bennett, inspirada nas antigas danzas estadounidenses.

Como xa é habitual, o concerto da Banda Municipal previsto este domingo 10 (12.15 horas) no Centro Sociocultural Ágora será de acceso libre ata completar a capacidade prevista no auditorio.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión