Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de xuño de 2015

A bandeira multicor pendura, por vez primeira, do balcón do Concello

Comezan as celebracións do Día do Orgullo 2015. O Concello da Coruña organiza con diversos colectivos distintas actividades

A bandeira multicor que representa ao colectivo LGTBQI pendura desde esta mañá da fachada do pazo de María Pita, diante da cal se fotografaron representantes dos catro grupos municipais, entre eles varias concelleiras e concelleiros do Goberno local.


En palabras de Rocío Fraga, concelleira delegada de Igualdade e Diversidade, o xesto significa "o compromiso do Goberno local coa loita polos dereitos deste colectivo", un compromiso no que o Concello traballará, subliñou Fraga, "non só en datas destacadas, senón todo o ano".


A bandeira lucirá en María Pita durante os catro días que duran as actividades programadas polo Día do Orgullo, que se celebra este domingo, e será retirada o martes pola mañá.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión