Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de outubro de 2016

A Biblioteca de Estudos Locais acolle mañá o parladoiro 'Arredor das Irmandades da Fala', no que se analizará "a contribución da entidade á lingua e cultura galegas"

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, moderará a mesa redonda, de entrada libre

A biblioteca municipal de Estudos Locais acollerá, mañá mércores, ás 19.30 horas, unha mesa redonda nomeada Arredor das Irmandades da Fala, dentro das actividades organizadas polo Concello arredor do centenario da súa fundación. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participará como moderador nesta cita,  que ten como obxectivo poñer en valor e analizar o papel do colectivo respecto á defensa e fomento da lingua galega, así como o seu labor na difusión da cultura científica, literaria e artística de Galicia, e que, como indica Sande, "dará a oportunidade de coñecer, desde novas perspectivas, a fonda contribución da entidade á lingua, teatro e música galega".  

A mesa redonda, de entrada libre, contará coa participación de Pablo González Mariñas, que analizará a relación entre as Irmandades eo Manifesto Nacionalista de Lugo. Xosé Ramón Freixeiro Mato incidirá no tratamento na lingua e o teatro na entidade, mentres que Xosé Antón Fraga departirá sobre a contribución da agrupación na incorporación do galego no mundo da cultura científica. Finalmente, Moncho do Orzán expoñerá o papel do orfeonismo e dos coros galegos na conformación do ideario musical das Irmandades da Fala.

O parladoiro compleméntase cunha selección de documentos expostos nunha mostra bibliográfica que pode visitarse no propio centro ata o día 31 de outubro. Para máis información sobre as actividades da Rede Municipal de Bibliotecas, pode visitarse o web www.coruna.gal/bibliotecas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión