Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de setembro de 2017

A Casa da Cultura Salvador de Madariaga acolle desde mañá a mostra ‘Dessins en liberté’, que reflexiona sobre a liberdade de expresión a través do humor gráfico

O concelleiro de Culturas, José Manuel Sande, inaugurará a exposición, na que colaboran o Institut Français e a Alliance Française da Coruña, e que inclúe a homenaxe de artistas gráficos de distintas partes do mundo ao semanario satírico Charlie Hebdó tras o ataque terrorista de 2015

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugura mañá, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, a exposición Dessins en liberté, que o Concello organiza en colaboración co Institut Français e a Alliance Française da Coruña e que recolle unha escolma de imaxes publicadas en distintos medios de comunicación en reivindicación da liberdade de expresión. Entre elas, cóntanse as distintas homenaxes dedicadas á revista satírica Charlie Hebdó tras o atentado terrorista que sufriu a súa redacción de París en xaneiro de 2015 e material publicado nas viñetas de xornais e revisas de todo o mundo, para abordar, desde o humor gráfico, temas como a corrupción, as voces das mulleres e a discriminación por xénero, os movementos contra a desigualdade social ou de loita contra o cambio climático ou a crise nas fronteiras, entre outros.

A mostra, que se poderá visitar ata o 5 de novembro en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas, todos os días da semana, componse de 12 lonas nas que se poderá ver o traballo de 50 debuxantes procedentes de 45 países en relación co ataque ao semanario satírico francés e en reivindicación da liberdade de expresión como dereito fundamental. Xunto con estas imaxes, a proposta recompila unha selección doutros debuxos publicados en distintos medios, achegados pola Alliance Française da Coruña. A súa directora, Olga Bellas, participará xunto co responsable municipal de Culturas no acto inaugural de mañá, que terá lugar ás 19.30 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión