Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2026

A Casa da Sinagoga será obxecto de novas escavacións arqueolóxicas para afondar nas súas orixes e singularidades

O Concello ultima os preparativos para a intervención, xa adxudicada e cofinanciada polo Ministerio de Industria e Turismo e formulada co obxectivo de avanzar na posta en valor do inmoble

Proximamente, o Concello iniciará as novas escavacións arqueolóxicas previstas na Casa da Sinagoga, un inmoble histórico cun importante valor patrimonial e cultural, situado na Cidade Vella, e que está a ser obxecto de investigación polo seu simbolismo e os restos achados nos últimos anos.

Agora, o Goberno de Inés Rey ten previsto dar un paso máis nesta liña de traballo, actuando na planta baixa do edificio. A intervención, motivada polas sondaxes efectuadas hai dous anos, busca determinar a importancia dos materiais arqueolóxicos que, se presupón, habería nesta parte da casa, adquirida no pasado mandato para incorporala ao patrimonio municipal e, desta forma, avanzar con vistas á súa musealización.

As obras na Casa da Sinagoga adxudicáronse días atrás ao equipo de Simón Pena Basso, que será o encargado de realizar a escavación na área da superficie definida no proxecto, para descubrir os restos non visibles e identificar as súas características.

As actuacións previstas pasan, en primeiro lugar, por traballos de estabilización na forxa, a instalación de tubaxes provisionais que recollan as augas pluviais do patio e, ademais, a escavación arqueolóxica en si mesma, que se executará sobre unha superficie de 104 metros cadrados, indo, paso a paso, por niveis estratigráficos.

A alcaldesa, Inés Rey, subliñou a importancia desta medida, cofinanciada con fondos do Ministerio de Industria e Turismo, "que nos axudará a darlle continuidade ao plan de revitalización do conxunto patrimonial da Cidade Vella", unha folla de ruta que, no caso da Casa da Sinagoga, permitirá darlle un paso máis para profundar na historia do inmoble e, desta forma, ampliar a información existente sobre a evolución no tempo do corazón histórico da cidade.

Os novos traballos na Casa da Sinagoga suporán un investimento de máis de 50.000 euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión