27 de septiembre de 2025
O cociñeiro Pablo Gallego será o encargado de ofrecer o pregón
As festas dos barrios da Coruña continúan a vindeira fin de semana coas celebracións da Nosa Señora do Rosario, patroa da cidade. Os festexos desenvolveranse na Cidade Vella, con numerosas actividades para todos os públicos. As festas de barrio son financiadas polo Concello a través do plan de apoio ás entidades veciñais para a celebración das súas festas patronais. Dita liña de subvencións conta cun orzamento total de 500.000 euros para todas as celebracións tradicionais dos barrios. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos este ano por mellorar o proceso de concesión de axudas para que os diferentes barrios celebren as súas festas, dándolle ás asociacións unha maior autonomía para que confeccionen os programas", indica Gonzalo Castro.
Os festexos na Cidade Vella comezarán o venres 3 de outubro na praza de Azcárraga. Ás 19.30 horas o grupo coruñés Amizades ofrecerá un concerto que precederá ao pregón do recoñecido cociñeiro Pablo Gallego, previsto para as 20.45. A continuación, haberá outras dúas actuacións musicais en Azcárraga: La Tercera República e McKuin. Xa ás 00.15 horas, haberá outra actuación musical, neste caso na praza da Constitución, de Gadoupa.
O sábado 4 a xornada comezará ás 12.45 horas na praza de Azcárraga co concerto de Xilo e Carlos. Haberá, ademais, polbeira. A sesión vermú celebrarase na Porta de Aires co grupo The Cauce a partir das 14.00 horas. Xa pola tarde, ás 17.00, haberá unha actuación do Mago Román para todos os públicos na praza de Azcárraga. Pola noite, a partir das 21.00, actuarán en Azcárraga MU2, banda tributo de U2, e Alga. Pechará a xornada ás 00.15 horas DJ Pukas na praza da Constitución.
O domingo 5 ás 12.00 horas celebrarase unha actuación especial da Banda Municipal de Música da Coruña, que estará acompañada pola Asociación Cultural Donaire, na praza da Constitución. Pechará a programación das festas unha sesión vermú co grupo Clandestinos na rúa Capitán Troncoso.

3 de diciembre de 2025

29 de noviembre de 2025

14 de noviembre de 2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible