Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de setembro de 2025

A Cidade Vella celebra entre o 3 e o 5 de outubro as Festas do Rosario 2025

O cociñeiro Pablo Gallego será o encargado de ofrecer o pregón

As festas dos barrios da Coruña continúan a vindeira fin de semana coas celebracións da Nosa Señora do Rosario, patroa da cidade. Os festexos desenvolveranse na Cidade Vella, con numerosas actividades para todos os públicos. As festas de barrio son financiadas polo Concello a través do plan de apoio ás entidades veciñais para a celebración das súas festas patronais. Dita liña de subvencións conta cun orzamento total de 500.000 euros para todas as celebracións tradicionais dos barrios. "Desde o Goberno de Inés Rey apostamos este ano por mellorar o proceso de concesión de axudas  para que os diferentes barrios celebren as súas festas, dándolle ás asociacións unha maior autonomía para que confeccionen os programas", indica Gonzalo Castro.

Os festexos na Cidade Vella comezarán o venres 3 de outubro na praza de Azcárraga. Ás 19.30 horas o grupo coruñés Amizades ofrecerá un concerto que precederá ao pregón do recoñecido cociñeiro Pablo Gallego, previsto para as 20.45. A continuación, haberá outras dúas actuacións musicais en Azcárraga: La Tercera República e McKuin. Xa ás 00.15 horas, haberá outra actuación musical, neste caso na praza da Constitución, de Gadoupa.

O sábado 4 a xornada comezará ás 12.45 horas na praza de Azcárraga co concerto de Xilo e Carlos. Haberá, ademais, polbeira. A sesión vermú celebrarase na Porta de Aires co grupo The Cauce a partir das 14.00 horas. Xa pola tarde, ás 17.00, haberá unha actuación do Mago Román para todos os públicos na praza de Azcárraga. Pola noite, a partir das 21.00, actuarán en Azcárraga MU2, banda tributo de U2, e Alga. Pechará a xornada ás 00.15 horas DJ Pukas na praza da Constitución.

O domingo 5 ás 12.00 horas celebrarase unha actuación especial da Banda Municipal de Música da Coruña, que estará acompañada pola Asociación Cultural Donaire, na praza da Constitución. Pechará a programación das festas unha sesión vermú co grupo Clandestinos na rúa Capitán Troncoso.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión