3 de decembro de 2015
O concelleiro Daniel Díaz Grandío, indica que desta forma se racionaliza o uso da superficie da Mariña, e que a mobilidade estea centrada na figura do peón
O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, aclarou este xoves que, unha vez se abra ao público o ramal subterráneo da Maríña-Parrote --o que se levará a cabo sempre e cando o Concello acredite o correcto estado da infraestrutura, e esta conte con todos os permisos necesarios-- a circulación superior da zona quedará “exclusivamente restrinxida a autobuses, taxis, residentes e vehículos de carga e descarga nos horarios habilitados para tales usos”, ademais, por suposto, “dos vehículos de emerxencias”. A zona superior acotada discorre “dende o edificio de Correos ata os Xardíns de San Carlos”, informou o responsable municipal.
O titular de Mobilidade Sostible explicou que “deste xeito aproveitarase a apertura á veciñanza do túnel para racionalizar o uso da superficie da Mariña, e que a mobilidade estea centrada na figura do peón”. A circulación dos autobuses se permitirá en ambas direccións, así como o uso por parte de residentes acreditados de motocicletas, e de bicicletas pola banda dos peóns. Díaz indicou, ademais, que o Concello adaptará e porá a punto a zona das Ánimas (onda está unha das bocas do subterráneo) “a esta nova situación de mobilidade”.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible