10 de maio de 2016
Silvia Cameán asinou en Ferrol unha declaración conxunta dos tres gobernos locais, xunto cos edís Manuel Dios e Suso Basterrechea, onde se explicita o seu compromiso “por acadar un pacto educativo logo dun fondo proceso de diálogo”
A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, asinou esta mañá unha declaración conxunta dos Gobernos da Coruña, Compostela e Ferrol que amosa o rexeitamento dos tres Executivos locais á Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), así como as probas de reválida que trae aparellada esta normativa, debido á oposición que xerou na comunidade educativa.
Nunha rolda de prensa celebrada no concello ferrolán, Cameán --acompañada do concelleiro de Educación e Cidadanía de Compostela, Manuel Dios, e do edil encargado de Educación, Universidade e Cultura en Ferrol-- Suso Bastarrechea, indicou que a LOMCE coas súas reválidas, “deixa en papel mollado o principio de avaliación contínua e o tratamento individualizado da situación de cada alumno”, explicou.
Por último, o manifesto presentado hoxe indica que os Goberno asinantes comparten con carácter xeral “as manifestacións de oposición á LOMCE”. “Comprendemos e amosamos o noso apoio ás familias que non comparten o feito de que os e as súas fillas pasen por este proceso de reválida”, salienta.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible