Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de abril de 2016

A Concellería de Emprego e Economía Social inicia mañá na praza de Lugo una acción formativa para praceiras e praceiros

Ata 75 profesionais inscribíronse para realizar esta primeira sesión, dirixida a “apoiar aos e ás comerciantes, para que poidan potenciar ao máximo os seus negocios e mellorar a súa xestión, así como incrementar os seus coñecementos ao redor dos seus dereitos e obrigas como comerciantes”, segundo indica o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema

Concellería de Emprego e Economía Social, da que dependen o Servizo de Mercados e o Servizo de Consumo, inicia mañá, luns, un programa de formación dirixido a traballadores e traballadoras  nos  mercados municipais, e que ten entre os seus obxectivos mellorar os seus  coñecementos en canto aos seus dereitos e obrigas de cara ás persoas consumidoras, así como optimizar a xestión empresarial dos seus negocios. Tal e como salienta o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, a finalidade fundamental desta acción pasa por “servir e apoiar aos e ás profesionais, para que poidan potenciar ao máximo os seus negocios e  mellorar a súa xestión, ao mesmo tempo que se lles formará ao redor dos seus dereitos e obrigas como comerciantes, resolvendo as súas dúbidas e carencias informativas para lograr unha excelencia na calidade ao servizo das persoas consumidoras”.

O programa contempla catro bloques temáticos, como son o consumo, a atención á clientela, o medio ambiente e a área sanitaria. Os cursos realizaranse en horarios que poidan compatibilizarse coas necesidades dos e das comerciantes. A formación é gratuíta e está adaptada ao máximo ás necesidades deste tipo de profesionais, xa que, como incide o responsable municipal desta área, foi deseñada en función das inquedanzas trasladadas desde o colectivo profesional e das necesidades detectadas desde a concellería de Economía Social.  

O programa comezará a impartirse no mercado municipal Eusebio da Garda (praza de Lugo), co grupo de vendedoras de peixe, xa que o deseño desta formación está destinado especificamente para cada colectivo; para este primeiro bloque hai inscritas xa 75 persoas.

Nestas actividades poden participar tanto as persoas concesionarias de postos nos mercados coma o persoal contratado por elas. A asistencia á formación é voluntaria, polo que se espera que un elevado número de persoas participen deste progra, a formativo.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión