Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de agosto de 2015

O Goberno da Coruña introducirá criterios nas normativas reguladoras que sexan de competencia municipal para favorecer festexos en igualdade

A Concellería de Igualdade amosa o seu descontento con campañas como a do Oktoberfest, que utiliza a imaxe da muller como reclamo sexual

A concelleira Rocío Fraga explica que a publicidade deste evento, que se desenvolve en terreos da Autoridade Portuaria, vai en contra da campaña municipal por unas festas Libres de Violencias Machistas



A Concellería de Igualdade e Diversidade considera que a publicidade da festa Oktoberfest, que estes días ten lugar na Coruña, “utiliza a imaxe da muller como obxectos de desexo e reclamo sexual”, sen ter isto relación algunha co produto que quere comercializar. Ademais, segundo a titular deste departamento do Concello coruñés, Rocío Fraga, a publicidade deste evento “usa a imaxe das mulleres asociada a comportamentos estereotipados”.

A forma de publicitarse que ten o Oktoberfest está directamente enfrontada coa campaña posta en marcha polo Concello da Coruña, por unas festas “Libres de Violencias Machistas”. “Este evento é claramente un exemplo do enfoque que non queremos ter nos nosos festexos”, explica Fraga.

A concelleira fai fincapé, entre outros aspectos, na cuña publicitaria desta actividade:

“ Cerveza por doquier/vuelve la fiesta a mi ciudad/el mejor bocado y chicas de buen ver/brindemos por la Oktoberfest” .

Por todo isto, a Concellería de Igualdade e Diversidade quere manifestar o seu “descontento” polo feito de que A Coruña “albergue un evento que se publicita deste xeito, denigrando a imaxe das mulleres”.

A actividade do Oktoberfest ten lugar en terreos da Autoridade Portuaria.“Dende o Concello, o que podemos e imos a facer é reflexionar para, nun futuro inmediato, estudar fórmulas desde o ámbito municipal que promovan accións que garantan o dereito á igualdade”, explica Fraga. “Estas accións van dende a realización de campañas e actividades educativas até a promoción de criterios nas normativas reguladoras que sexan de competencia municipal para favorecer outro tipo de festas, que se leven a cabo en espazos de convivencia en igualdade”, indica a concelleira.

“Queremos deixar clara a nosa postura ante este tipo de campañas e de festas que favorecen a cousificación das mulleres baixo unha imaxe estereotipada, polo que comezaremos a traballar de inmediato na liña sinalada, incorporando as medidas legais que sexan necesarias para evitar, na medidas das nosas posibilidades, este tipo de campañas”, di Fraga.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión