Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de marzo de 2017

A Concellería de Igualdade e Diversidade abre a convocatoria do concurso de ideas de arte urbana que elixirá o graffiti para o pavillón de deportes anexo ao CEIP San Francisco Javier

A convocatoria, á que se poderá concorrer ata o día 17, inscríbese dentro do programa municipal polo 8 de Marzo, que se desenvolve baixo o título 'Mulleres que transforman', e seleccionará unha proposta que deberá versar sobre a 'convivencia en igualdade'

A Concellería de Igualdade e Diversidade abre este luns a convocatoria para participar no Concurso de Ideas de Arte Urbana (graffiti), incluído no marco das actividades que o Concello organiza polo 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, e dirixida a seleccionar a intervención gráfica mural que se realizará no pavillón municipal de deportes contiguo ao CEIP San Fransico Javier, na Cubela. As e os participantes terán ata o vindeiro día 17 ás 14.00 horas para presentar as súas propostas, e a gañadora darase a coñecer o día 22. A temática do concurso xira arredor da idea 'convivir en igualdade', de xeito que as propostas, segundo se recolle nas bases, versarán sobre a igualdade de dereitos e de oportunidades, ou de valoración dos traballos e realidades, co foco no recoñecemento e a posta en valor das contribucións das mulleres a unha sociedade que quere avanzar cara á igualdade. A técnica será libre e poderá utilizarse calquera material, en traballos que deberán ser inéditos e orixinais, sen ter obtido premios noutras convocatorias.

As persoas interesadas en participar -maiores de 16 anos- poderán facelo de forma individual ou en grupo a través do Rexistro Xeral do Concello, onde deberán presentar a solicitude e o resto de documentación. O modelo de solicitude está dispoñible para descarga na web da concellería  ou, en formato papel, no propio rexistro, en María Pita. A obra gráfica seleccionada polo xurado realizarase durante a última metade deste mes, entre os días 24 e 30. Ademais, establécese un premio único de 600 euros para a proposta que resulte gañadora.

As bases da convocatoria, que se inclúe no programa 'Mulleres que transforman realidades' co gallo do 8 de marzo, pode descargarse, dentro da páxina da Concellería de Igualdade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión