12 de maio de 2016
A responsable municipal desta área, María García, reuniuse esta mañá coa directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, á que tamén lle presentou os plans do Goberno local de cara a restauración e posta en valor das ribeiras fluviais da cidade
A concelleira de Medio Ambiente, María García, reuniuse esta mañá coa directora xeral de Conservación da Natureza da Xunta, Ana María Díaz, para solicitar a colaboración da Administración autonómica no programa que desenvolve o Concello da Coruña para a mellora da natureza urbana. A responsable municipal conseguiu o compromiso da Consellería de Medio Ambiente de colaborar neste sentido e incluír a cidade no seu plan de retirada de plantas invasoras, que consiste na eliminación deste tipo de especies, asi como de maleza, en zonas protexidas ou de especial valor.
García saudou o compromiso acadado pola Xunta de Galicia e destacou o traballo que está a facer o Goberno local de cara á mellora e conservación da natureza dentro da cidade, obxectivo para o que é preciso que a mesma se presente libre de plantas invasoras. A concelleira comentou, ao fío, que dentro das actuacións que se están levando a cabo neste eido, o seu departamento prepara unha ordenanza que posibilite a Administración local poder actuar en parcelas que non sexan de titularidade municipal pero que precisen de intervencións neste sentido. “Ademais disto, tamén estamos a traballar para que os próximos contratos que se poidan sacar a licitación dende a nosa área relacionados con zonas verdes inclúan o deber das adxudicatarias de eliminar as prantas invadoras na zona de actuación en cuestión”, comentou.

27 de novembro de 2025

26 de novembro de 2025

16 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible