Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xullo de 2016

A Concellería de Medio Ambiente reforzou na primeira metade de ano a súa programación educativa con máis actividades, máis programas e unha maior participación da comunidade escolar

O programa ambiental municipal continúa durante o verán, con obradoiros durante as festas dos barrios e actividades na praia de Riazor, enfocados todos eles ao público familiar

A Concellería de Medio Ambiente vén de facer balance do seu programa de educación ambiental na primeira metade do ano, un período no que se incrementaron, tanto o número de persoas participantes nos distintos programas como a oferta de visitas, cursos e exposicións e actividades dos mesmos, co obxectivo de "chegar a unha maior variedade de público de todas as idades e aumentar o grao de consciencia e responsabilidade de toda a cidadanía na protección do medio ambiente", segundo salienta a concelleira desta área, María García, que fai notar que a programación continúa durante os meses de verán. En concreto, os programas dirixidos a escolares tiveron neste último curso un total de 5.928 rapaces e rapazas, o que supón un aumento de participación do 19,4% respecto ao curso 2013/2014, e do 9,8% respecto ao curso pasado. Houbo, dentro deste ámbito, un total de 441 actividades, tres por cada grupo escolar -unha charla, un taller e unha visita- e tamén se ampliaron os programas, de cinco a sete, coa incorporación dos relativos ao anelamento científico de aves e o de fauna urbana, que se suman aos de residuos urbanos, a ruta da auga na Coruña, o relativo ao aire, o programa 'Vexo, vexo', sobre biodiversidade da cidade e o relativo a enerxía e cambio climático.

En canto ao programa de visitas, pasouse das tres actividades que se realizaron nos primeiros seis meses de 2015 a 52 entre xaneiro e xuño deste ano, cunha oferta que inclúe como destinos a planta de residuos de Nostián, Cabo Vilán, as fragas do Eume, o Monte de San Pedro, Punta Herminia, Santa Margarita, a Torre de Hércules e a súa contorna e a Ría do Burgo. Do mesmo xeito, ampliouse tamén o contido do programa de cursos, xornadas e talleres de 1 a 16 respecto á primeira metade do ano pasado, coa incorporación de máis obradoiros en centros cívicos e bibliotecas municipais, charlas ou o Cinefórum, e tamén aumentaron de unha a catro as exposicións en itinerancia, o que, como destaca a responsable municipal, permitiu en conxunto chegar a máis públicos. "Entendemos a educación ambiental como unha ferramenta de cambio e transformación social cara a unha sociedade máis sustentable, e por iso debe ir destinada a todos os sectores sociais, especialmente aqueles con maior decisión sobre actividades que poden ter impacto no medio", destaca a responsable municipal. Neste eido, García salienta a realización dunha programación especial en xuño polo Mes do Medio Ambiente, onde se concentraron moitas das actividades do semestre, e que foron deseñadas para tratar "moitos dos temas ambientais relevantes para a sociedade, tanto desde un punto de vista global como tamén local, sobre aspectos cercanos, cun enfoque que pretende tamén dar a coñecer e poñer en valor os valores naturais que nos rodean", expón a concelleira.

Actividades estivais

Ademais, desde o pasado 1 de xullo e ata o 9 de setembro está activo, dentro do ámbito da educación ambiental,  o programa de praias, no que se desenvolven actividades dirixidas a un público familiar e centradas no medio mariño. Estas teñen lugar de lugar de luns a venres na praia de Riazor, nunha caseta instalada a carón do posto de Salvamento, onde tamén se informa dos horarios dos obradoiros. Así mesmo, as festas dos barrios incorporarán este ano unha vertente ambiental, coa programación de obradoiros educativos dirixidos tamén a público familiar onde se dará a coñecer cuestións como as aves urbanas, a problemática dos residuos -a través da reutilización de materiais frecuentes nos fogares- ou a fabricación de cociñas solares.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión