10 de setembro de 2018
O prazo de inscrición para a formación, que se imparte dentro do programa ocio saudable nos centros cívicos, comeza hoxe e estará aberto ata o día 13
A Concellería de Xustiza Social e Coidados abre hoxe a inscrición para realizar un curso gratuíto de mediación en prevención de drogodependencias dirixido a persoas de entre 18 a 30 anos. A formación, que será impartida por profesionais expertos no ámbito, levarase a cabo entre o 17 e o 21 de setembro no centro cívico de Monelos.
As persoas interesadas poden anotarse dende hoxe ata o día 13, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.30 horas no propio centro cívico, para a que é preciso levar o DNI. Hai 20 prazas dispoñibles, polo que a admisión se realizará por orden de inscrición. As persoas maiores de 30 anos que desexen realizar o curso poden tamén anotarse, pero terán prioridade para a súa realización os e as mozas entre os 18 e os 30 anos. O curso de mediación forma parte do programa de ocio saudable para xente moza que se realiza este ano nos centros cívicos da cidade e que está cofinanciado pola delegación do Plan Nacional sobre Drogas.
A formación, gratuíta, ten unha duración de 15 horas e se impartirá en horario de 16.30 a 19.30 horas. As persoas que a realicen contarán cun xustificante de asistencia sempre que teñan participado, como mínimo, no 80% das horas do curso.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible