Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de febreiro de 2017

A Concellería de Xustiza Social insistirá nas súas reclamacións á Xunta para que o futuro CEIP de Novo Mesoiro conte cun servizo de comedor propio

Silvia Cameán mantivo hoxe unha reunión con membros da Plataforma de Comedores Saudables, aos que recordou que xa trasladou esta petición a representantes da Consellería de Educación a pasada semana, “sendo o Goberno autonómico quen ten as competencias para dotar ao centro educativo deste servizo”

A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, manifestou hoxe que "o Goberno local insistirá nas súas reclamacións ante a Xunta de Galicia co obxecto de que o futuro CEIP de Novo Mesoiro conte cun servizo de comedor propio", e non teña que recorrer ao cátering, como ten previsto a Consellería de Educación. A responsable municipal mantivo este xoves unha reunión con representantes da recentemente constituída Plataforma  de Comedores Saudables nos colexios, aos que recordou que a pasada semana xa trasladou esta demanda directamente a este departamento do Goberno autonómico, no marco dunha reunión con cargos da citada consellería, obtendo unha resposta negativa.

"Apoiamos por completo a reivindicación que nos fan dende esta plataforma, constituída, entre outros, por pais e nais de Novo Mesoiro. Este é un centro de nova construción, por certo en terreos cedidos polo propio Concello, polo que o ideal sería que contase xa cun servizo de comedor saudable propio. Por agora, non recibimos unha resposta satisfactoria da Xunta de Galicia, que é a que ten a competencia para proxectalo, pero seguiremos insistindo, en base ao noso compromiso coa educación pública de calidade", declarou Cameán.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión