7 de setembro de 2015
O alcalde volveuse poñer a disposición das persoas feridas e das familias das falecidas
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o resto da Corporación municipal, así como traballadores e traballadoras do Concello, sumáronse neste luns ao acto convocado ás portas do Pazo de María Pita en memoria das vítimas do accidente do sábado en Carral, que suma xa sete persoas falecidas. “ Vimos de gardar un minuto de silencio cos traballadores e traballadoras municipais, e co resto dos grupos, concelleiros e concelleiras”, sinalou o rexedor, quen tamén fixo referencia á vítima de violencia machista de onte en Vigo, “unha muller máis que se suma á dor que tiñamos desta fin de semana”.
Ferreiro acudiu o mesmo sábado á noite ao Chuac, acompañado da concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, para ofrecer os servizos do Concello ás persoas afectadas e poñer en marcha, en colaboración coa Cruz Vermella e poñéndose en contacto varias veces co 112, os servizos de asistencia psicolóxica entre os que estiveron os do Concellopara que estiveran presentes no momento no que os familiares tiñan que recoñecer os corpos e enfrontarse á dura situación. O domingo, o alcalde visitou a algunhas das persoas feridas e volveuse poñer a disposición delas e das súas familias para o que o Concello da Coruña poida ofrecerlles. Tamén, e segundo sinalou o rexedor, nos últimos días mantivo contactos cos alcaldes de Carral e de Culleredo, e fará o mesmo co de Cambre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible