Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de outubro de 2025

A Coruña acolle a visita oficial do proxecto europeo Atlantic Bridges como exemplo na integración porto-cidade

A cidade é escenario do lanzamento dunha iniciativa do Eixo Atlántico que promove un modelo sostible de desenvolvemento urbano nas cidades costeiras do Espazo Atlántico

A cidade da Coruña é esta semana o escenario do acto de lanzamento do proxecto europeo Atlantic Bridges, unha iniciativa coordinada polo Eixo Atlántico e cofinanciada polo programa Interreg Espazo Atlántico, que ten como obxectivo impulsar un modelo innovador de desenvolvemento urbano sostible nas cidades costeiras europeas a través da integración do mar na planificación urbana.

No marco do programa, desenvolveuse este mércores unha visita ao Porto da Coruña, recoñecido como exemplo de boa práctica europea na integración porto-cidade, rexeneración do litoral e impulso da economía azul. Na visita participaron o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage Tuñas; o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao; e o ex secretario de Estado do Mar da República Portuguesa, José Maria Costa.

O proxecto Atlantic Bridges está conformado por un consorcio transnacional que representa a chamada cuádruple hélice -administracións públicas, sector empresarial, ámbito académico e entidades sociais-, con socios procedentes de distintos países do arco atlántico europeo: 

  • Les Sables-d'Olonne (Francia)
  • Atlantic Technological University (ATU) - Irlanda
  • Porto de Aveiro - Portugal
  • EM Normandie - Francia
  • E o Eixo Atlántico, como entidade coordinadora

A iniciativa aborda desafíos comúns ás cidades costeiras, como o cambio climático, a presión urbanística ou a necesidade de cohesión social, mediante un enfoque centrado na tripla transición: ecolóxica, económica e social. Inspirado nos principios do Novo Bauhaus Europeo, o proxecto promove modelos participativos para avanzar cara a territorios resilientes, sostibles e inclusivos.

Entre os seus obxectivos destacan o reforzo da relación terra-mar, a promoción da cooperación entre territorios atlánticos e o intercambio de coñecemento en áreas como a planificación urbana, o turismo responsable e a integración dos portos na vida das cidades.

A participación da Coruña neste proxecto enmárcase nas políticas urbanas impulsadas polo Goberno de Inés Rey, centradas na rexeneración da fachada marítima e na apertura progresiva dos peiraos á cidadanía, canalizadas a través do proxecto Coruña Marítima, eixo estratéxico da transformación urbana da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión