Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2025

A Coruña acolle o Campionato de España Infantil por comunidades autónomas de natación artística

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu esta mañá en María Pita á federación e representantes das 12 seleccións

A Coruña acollerá esta fin de semana o Campionato de España Infantil por Comunidades Autónomas de natación artística. Esta proba, que foi presentada esta mañá polo concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, conta coa participación das mellores deportistas de idade infantil de cada comunicade, estando prevista a presenza de 12 seleccións, incluíndo a galega, e un cento de participantes.

No acto, Vázquez tamén estivo acompañado no acto polo presidente da Real Federación Española de Natación, Fernando Carpena, o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, e o deputado provincial Antonio Leira.

"Desde o Goberno de Inés Rey continuamos a promover a celebración na nosa cidade de grandes eventos deportivos coma este, que amosan o noso compromiso por promover todas as disciplinas e niveis", sinalou Vázquez. A categoría infantil inclúe a deportistas de 13, 14 e 15 anos no caso das mozas e de 13 a 16 anos nos mozos. Ademais de deportistas, está previsto que asistan unhas 40 persoas de staff técnico máis membros do xurado e persoal de organización.

A competición desenvolverase en tres sesións: sábado 17 en sesións de mañá e tarde e domingo 18 en sesión de mañá. A sesión do sábado pola mañá está dedicada a competición de figuras e sería sen público, pero as sesións da tarde do sábado e a mañá do domingo están dedicadas ás rutinas de só, só masculino, dúo, dúo mixto e rutina combinada e están abertas ao público.

"Esta é unha boa oportunidade para traer a Galicia e á cidade da Coruña en particular, unha competición de nivel nacional dunha modalidade que moi poucas veces pódese gozar en directo", celebrou Manuel Vázquez na presentación da competición. A Natación Artística en Galicia está en continuo crecemento. Neste momento hai xa máis de 700 licenzas de deportistas e 12 clubs que desenvolven a súa actividade diaria nas 4 provincias. A celebración deste Campionato por Comunidades Autónomas supoñerá un novo impulso na promoción desta disciplina.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión