Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2022

A Coruña acolle unha nova edición do Trofeo Teresa Herrera de Judo

A competición desenvólvese este domingo no polideportivo municipal do Barrio das Flores cuns 120 participantes

A Coruña acollerá esta fin de semana a edición número 24 do Trofeo Teresa Herrera de Judo, un dos campionatos máis importantes dos que se realizan en Galicia desta disciplina e clasificador para a fase final do Campionato de España. A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, presentou esta mañá o torneo xunto a Mario Muzas e Eduardo Galán, presidente e vicepresidente da Federación Galega de Judo, respectivamente.

Na competición participarán deportistas de catro comunidades autónomas: Galicia, Asturias, Cantabria e Castela e León. Cóntase coa presenza duns 120 judokas nas categorías masculina e feminina. O campionato comenzará ás 9.30 horas e as finais están previstas para as 12.30 horas do domingo, e a entrega dos trofeos arredor das 13.30 horas. A asistencia será gratuíta para o público.

Mónica Martínez destacou a presenza dos e das mellores judokas do noroeste de España na cidade como mostra do impulso levado a cabo desde o Goberno municipal polo deporte federativo. Así mesmo, agradeceu á Federación Galega de Judo o seu labor e interese por continuar a desenvolver na Coruña unha proba con tanto renome.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión