Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de marzo de 2023

O concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, destacou a figura de María Casares como “o mellor exemplo da vinculación da Coruña co teatro”

A Coruña acollerá a 27ª edición dos Premios María Casares o vindeiro xoves 30 de marzo

A obra “Continente María”, que contou coa colaboración do Concello, está nominada a cinco categorías entre as que destaca mellor dirección e mellor texto orixinal

O concelleiro de Turismo, Relacións Institucionais e Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, presentou esta mañá a 27ª edición dos Premios María Casares que se celebrará o vindeiro xoves 30 de marzo no Teatro Colón. O edil interviu xunto con Arantza Villar, secretaria da Asociación Galega de Actores e Actrices; Marcos Ptt, director da gala de Premios de Teatro María Casares; e Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña.

Este ano os María Casares terán dúas novas categorías, pasando de 14 a 16, cos premios a mellor dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas. Juan Ignacio Borrego destacou a figura de María Casares como "o mellor exemplo da vinculación entre o teatro e A Coruña", e destacou a colaboración do Concello coa obra "Continente María", nominada a cinco categorías entre as que destaca mellor dirección e mellor texto orixinal.

A gala poderase seguir por streaming a través da canle dos Premios de Teatro María Casares.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión