Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de decembro de 2025

A Coruña acollerá a VII Conferencia Estatal de la Cultura

O encontro, que terá lugar no Ágora, reunirá na cidade a máis de 100 profesionais de distintos ámbitos do sector cultural

Durante os días 15 e 16 de decembro, A Coruña acollerá a sétima edición da Conferencia Estatal de la Cultura, un evento organizado pola Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Gestión Cultural (FEAGC) e pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.

Baixo o lema "Derechos culturales. Desafíos de una gestión cultural comprometida", realizarase este encontro que reunirá na cidade da Coruña máis de 100 profesionais de distintos ámbitos do sector cultural, institucións, entidades e empresas, tanto do ámbito público como do privado, así como persoas interesadas no estado actual da xestión cultural e dos dereitos culturais.

O encontro terá como sede o Centro Ágora. O día 15, pola mañá, realizarase a inauguración oficial, con representantes das institucións implicadas. O diálogo inaugural, sobre dereitos culturais, correrá a cargo de Jaron Rowan, investigador na Área da Economía da Cultura, e de Benito Burgos, subdirector xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas. 

Durante dous días, haberá varias intervencións e mesas de debate, que analizarán varios aspectos das accións do sector cultural. Ademais, presentarase o proceso para crear a Carta de Dereitos Culturais da Coruña. Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, reiterou "o compromiso inquebrantable deste goberno e de Inés Rey co mundo da cultura e cos dereitos dos artistas, que son todos aqueles que nos fan voar e soñar coas súas creacións".

Todas as persoas interesadas en asistir poderán coñecer o programa, inscribirse e coñecer as condicións de participación na web www.conferenciacultura.es. A conferencia conta co financiamento e apoio da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura e do Concello da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión