Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xullo de 2017

A Coruña acollerá esta fin de semana a celebración da 61ª edición do Campionato Estatal de Pesca Submarina

O concelleiro José Manuel Sande valora positivamente que o encontro teña lugar “nunha cidade chamada a converterse nunha referencia para o deporte náutico”

As augas da Coruña acollerán esta fin de semana, o sábado 29 e domingo 30, o Campionato de España de Pesca Submarina. A proba, que conta co apoio do Concello da Coruña, contará por segundo ano consecutivo con categoría feminina. En total serán 41 participantes de 12 federacións de todo o Estado as e os que se mergullarán, nas augas da Coruña, en apnea. O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, valora positivamente a celebración desta competición, "que supón un novo acicate para considerar a nosa cidade e as súas augas como un espazo emblemático, apto e de interese para a práctica deportiva, en particular das modalidades náuticas". "Esta proba encaixa coa liña de traballo que está a desenvolver o Goberno local, de promover e fomentar que A Coruña se sitúe como unha  unha referencia para o deporte náutico, para todas as modalidades, e para todos os niveis, ademais de incidir, obviamente, na estreita relación da cidade co Atlántico", afirma.

A 61ª edición desta proba constará de dúas xornadas consecutivas, dunha duración de cinco horas cada unha, e terá lugar en dúas zonas diferenciadas, como son desde a Torre de Hércules ata a punta de Suevos, e desde Punta de Mera até Punta Torrella. A proba comezará, tanto o sábado como  o domingo, ás 09.00 horas e finalizará ás 14.00. As pesadas das dúas xornadas, que terán lugar ás 17.00 horas, así como a entrega de Premios, que se celebrará o domingo ás 20.00 horas, poderán seguirse ao vivo a través da web da Federación Española de Actividades Subacuáticas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión