23 de xullo de 2016
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou no acto de sinatura da carta, nun acto organizado polo Concello de Santiago en colaboración coa Irmandade Galega de Agroalimentarios e o Foro Enrique Peinador
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, participou esta mañá no acto de sinatura da Carta de Consumo Responsable e Solidario, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, e no que participaron as e os rexedores das cidades de Compostela, Ferrol, Lugo, Oroso e a alcaldesa en funcións de Ourense; e o secretario xeral de Política Lingüística.
O primeiro edil coruñés certificou o compromiso do Concello co sector agroalimentario galego e os seus produtos, etiquetados e comercializados na lingua galega, que "contribúen ao desenvolvemento económico" de Galicia, así como á difusión "dos valores identitarios". A través da carta, a institución comprométese a apoiar ao sector, "que ten demostrado estar ao máis alto nivel respecto da calidade" ao apostar "polo aproveitamento sostible dos recursos naturais e pola recuperación de especies" nas súas elaboracións, "ao tempo que axudan a manter viva unha cultura, unha lingua e unha forma de ser".
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible