8 de maio de 2026
Entre os finalistas, atopábanse os proxectos presentados por Visit València, Camiños Naturais, Royal Caribbean, Agaete, MSC e Barceló Regen.
A Coruña recibió este xoves o galardón ao 'Mellor proxecto de sustentabilidade turística' nos Premios dos Lectores Viaxes National Geographic 2026. A cidade alzouse co primeiro posto, despois de que os propios lectores e lectoras da publicación valorasen a súa aposta pola sustentabilidade e responsabilidade ecolóxica. Entre os finalistas a este premio, atopábanse os proxectos presentados por Visit València, Camiños Naturais, Royal Caribbean, Agaete, MSC e Barceló Regen.
O xerente do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, Antón Álvarez Olmo, foi o encargado de acudir ao evento para recibir o premio, onde destacou que 'A Coruña leva anos traballando e apostando por un turismo máis sustentable e recibir un galardón como este significa que desde o Concello e o Consorcio se están facendo as cousas ben". Álvarez tamén subliñou a motivación que supón este premio para "para asegurarlle á cidadanía e ao turista unha urbe cosmopolita, accesible e sustentable".
Desde o Goberno de Iné s Rey levaron a cabo proxectos de mellora e acondicionamento de parques e xardíns, así como iniciativas para preservar e conservar o medio natural, como na Torre de Hércules e o seu contorno, declarado Espazo Natural de Interese Local grazas á súa rica fauna e flora.
Destaca tamén o proxecto de BiciCoruña. Os seus máis de 50 km de carril bici son un importante atractivo turístico para aquelas persoas que desexan descubrir o patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico da cidade, sen descoidar os seus elementos naturais.
Nesta IV edición dos Premios dos Lectores Viaxes National Geographic 2026, houbo un total de 98 nomeados, que competiron en 14 categorías relacionadas coa gastronomía, a sustentabilidade ou a hospedaxe. As votacións leváronse a cabo entre o 22 de xaneiro e o 22 de febreiro deste ano.

28 de abril de 2026

22 de abril de 2026

17 de abril de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible