15 de decembro de 2025
Máis de 100 profesionais do sector participan neste encontro
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu o acto inaugural da VII Conferencia Estatal de la Cultura, que se celebra este luns 15 e martes 16 de decembro no Centro Sociocultural Ágora. Este evento, que conta coa colaboración do Concello, está organizado pola Federación Estatal de Asociaciones de Profesionales de la Gestión Cultural (FEAGC) e pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.
"A Coruña é hoxe unha cidade cun ecosistema cultural diverso, profesionalizado e activo, tanto público como privado; unha cidade que baixo o Goberno de Inés Rey aspira a ser capital cultural da Galicia do futuro e un dos referentes estatais en sectores culturais e creativos", sinalou Gonzalo Castro durante a súa intervención. Durante estas dúas xornadas pasarán polo Ágora máis de 100 profesionais de distintos ámbitos do sector cultural, institucións, entidades e empresas, tanto do ámbito público como do privado, así como persoas interesadas no estado actual da xestión cultural e dos dereitos culturais.
"O Concello comprométese a explorar e desenvolver ferramentas e metodoloxías participadas que permitan garantir e desenvolver os dereitos culturais da nosa cidadanía coruñesa, incorporando o coñecemento experto, o diálogo cos sectores culturais e a academia e a implicación directa da comunidade", indicou Castro. Durante estes dous días celebraranse diferentes mesas de debate, que analizarán varios aspectos das accións do sector cultural. Todas as persoas interesadas en asistir poderán coñecer o programa, inscribirse e coñecer as condicións de participación na web www.conferenciacultura.es. A conferencia conta co financiamento e apoio da Dirección Xeral de Dereitos Culturais do Ministerio de Cultura e do Concello da Coruña.

15 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025

14 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible