16 de xullo de 2019
Juan Díaz Villoslada mantivo esta mañá unha reunión cos rexedores de Culleredo, José Ramón Rioboo, e de Arteixo, Carlos Calvelo, na que concretaron aspectos técnicos para a posta en marcha da ruta
O edil de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, mantivo esta mañá un encontro cos alcaldes de Arteixo e Culleredo, Carlos Calvelo e José Ramón Rioboo, para concretar distintos aspectos técnicos da ruta para a prolongación do bus urbano da líña 24 que conectará A Coruña con tres urbanizacións da Zapateira, situadas nos concellos limítrofes dos dous municipios.
O edil de Mobilidade confía en axilizar a posta en marcha do novo servizo e que comece a funcionar canto antes. Os representantes municipais, xunto con técnicos da Xunta, profundaron en aspectos importantes relativos á seguridade vial das novas paradas e confían que en breve a ruta comece a funcionar.
A prolongación da liña 24 de autobuses chegará a catro urbanizacións da Zapateira situadas limítrofes cos concellos de Arteixo e Culleredo que ata o de agora non tiñan servizo.
A nova traxecto inclúe seis expedicións diarias ata Montegolf, Vallesur e As Oliveiras nos días laborables, tres os sábados e dous os domingos e festivos, e responde as vellas demandas veciñais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible