Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de setembro de 2026

A Coruña celebra o Día sen Coches cunha tarde de actividades en Concepción Arenal

Inés Rey percorreu esta tarde a rúa, que acolleu propostas deportivas, divulgativas e de educación viaria na xornada de peche da Semana Europea da Mobilidade 2026

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta tarde a rúa Concepción Arenal con motivo do Día sen Coches, xornada coa que A Coruña pecha a programación da Semana Europea da Mobilidade 2026.

Durante a tarde, Concepción Arenal e a contorna da praza de Tabacos acolleron numerosas actividades abertas e gratuítas, entre elas circuítos de educación viaria, bicicleta e patinaxe, marcha nórdica, zumba, exhibicións de ximnasia artística, freestyle e danza urbana, así como unha mesa redonda sobre mobilidade, calidade do aire e ruído.

Rey percorreu os diferentes espazos e compartiu a xornada coas entidades participantes e coas persoas que se achegaron á zona. A alcaldesa destacou que o Día sen Coches permite "ver que pasa na cidade cando as persoas recuperan o espazo público e como podemos avanzar cara a rúas máis pensadas para todos e todas".

A xornada pon o punto final a sete días de actividades da Semana Europea da Mobilidade, que desde o pasado mércores levou á praza de Tabacos e a diferentes puntos da cidade propostas de divulgación, sensibilización e participación arredor dunha mobilidade máis sostible, segura e accesible.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión