Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de abril de 2024

A Coruña chega aos 80 puntos de recollida de aceite doméstico da man de Mulleres Colleiteiras

Concello e Cooperativa instalaron catro novos contedores de recollida en diferentes puntos da cidade, dándolle resposta ás peticións veciñais

O Concello da Coruña colabora coa Cooperativa Mulleres Colleiteiras na recollida do aceite de uso doméstico para facilitar a súa reciclaxe e reutilización. O Goberno de Inés Rey avanza así no fomento da economía circular desde unha perspectiva social, apoiando a unha entidade que traballa con mulleres en risco de exclusión.

Nas últimas semanas instaláronse catro novos contedores en diferentes puntos da cidade, chegando aos 80 no conxunto do termo municipal. Os catro novos puntos de recollida distribuénse da seguinte maneira: no barrio de Monte Alto instalaronse dous contedores, no cruzamento das rúas Orillamar e Picasso e outro na rolda de Monte Alto, nº25; instalouse un no Sector 7, localizado na rúa Lamelas, nº 68; e un último na plaza do Comercio, na Agra do Orzán.

A ampliación da rede de contedores ten como obxectivo que todos os barrios da Coruña conten, como mínimo, cun punto de recollida de aceite doméstico fomentando a súa reciclaxe. Os catro puntos instalados foron solicitados polos veciños e veciñas das zonas, cumplindo coa demanda do servizo.

Esta acción forma parte da colaboración entre Concello e Mulleres Colleiteiras para a redución na vertedura de aceites á rede de sumidoiros, que inclúe tamén actividades de divulgación e sensibilización medioambiental. Ademais, a través dun acordo coa EDAR de Bens, evítase que o aceite usado chegue ás augas residuais da cidade, protexendo o medio ambiente e minimizando custos do servizo público de depuración.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión