21 de xuño de 2026
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de trofeos ás e aos gañadores das competicións, promovidas pola Federación Española de Triatlón coa colaboración do Concello
A Coruña pechou este domingo unha intensa fin de semana deportiva, na que a cidade viviu a celebración das competicións nacionais de tríatlon, con máis de 1.800 promesas convocadas á cita.
As boas condicións meteorolóxicas acompañaron ao desenvolvemento da primeira xornada, que tivo lugar este sábado coa Marina, o Parrote, a contorna do Castelo de San Antón e a praza de María Pita como núcleos principais das probas, promovida pola Federación Española de Triatlón (FETRI) coa colaboración do Concello.
O sábado, Adriana Solanes e Jayden Jael Silva, María Romero e Luis Piña, e Álvaro Llinares e Alba Núñez, foron os respetivos campións de España nas categorías de tríatlon cadete, xuvenil e júnior na Coruña.
Xa hoxe, domingo, nunha mañá con horarios adaptados polo impacto da vaga de calor, Irene García, Marco Esteban, Lucía Ageitos y Luis Piña formaron o relevo mixto de talentos do Club Deportivo Delikia que se impuxo no Campionato de España cun tempo de 1:06:33; por diante de Tribarros Villafranca, con Cristina Acedo, Daniel Castro, Paula Ortega e Carlos Alías, a 28 segundos; e de Diablillos de Rivas, con Carla Caballero, Álvaro Guisado, Noa Quesada e Marcos Palomeque, terceiros a 1:11. O Deportivo Delikia adxudicouse tamén a categoría Open, por diante do CNB VAS Project, e Diablillos de Rivas.
Candela Sánchez, do Peñota Dental Triatlón, gañou o nacional júnior femenino en distancia sprint cun tempo de 37:20, por diante de Alba Núñez, do Cidade de Lugo Fluvial, e Julia Benito, de Tri Infinity Móstoles. Por clubes impúxose Diablillos de Rivas, por diante de Cidade de Lugo Fluvial e Deporama Triatlón Soriano. Na categoría masculina, Lucas García, do Deportivo Delikia, cun tempo de 32:15, gañaba o título por diante do seu compañeiro de equipo Lucas Riola, e Manu Prada, do Universidad de Alicante. Por clubes, a vitoria foi para Tripuçol, por diante de Delikia e Cidade de Lugo Fluvial.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na entrega de premios das dúas xornadas de competición. O edil subliñou a importancia de que "a cidade esté aberta á organización de eventos desta categoría, que non só contribúen a visibilizar A Coruña a escala nacional, senón tamén a dinamizala economicamente, a reforzar a súa identidade acolledora e a achegar á cidadanía a disciplinas deportivas en auxe".
Ademais, nesta xornada de clausura do campionato, Vázquez recibiu no Palacio Municipal a José Hidalgo, presidente da FETRI e vicepresidente do Comité Olímpico Español (COE). O edil obsequiou a Hidalgo cunha Torre de Hércules con deseño producido en Sargadelos, en representación do Goberno de Inés Rey.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible