Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xaneiro de 2026

A Coruña investirá máis de 180 millóns de euros en cinco anos para mellorar o tratamento do lixo

Aprobado o Plan Municipal de Xestión de Residuos 2025-2030

Un dos puntos importantes na orde do día da Xunta de Goberno foi a aprobación do Plan Municipal de Xestión de Residuos 2025-2030, unha folla de ruta que profunda no compromiso do Goberno de Inés Rey cunha cidade máis sostible, con maior calidade de vida para os seus habitantes e cun modelo de xestión que aposta pola redución na xeración de residuos, a recuperación, a reciclaxe e a economía circular.

O Plan prevé un investimento de 180 millóns de euros entre 2025 e 2030, que serán financiados con fondos propios, estatais e da Unión Europea, así como os achegados polos SCRAPS (Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor).

En liña coa Lei 7/2022 de residuos e sós contaminados para unha economía circular e coa Lei 6/2021 de Galicia, o plan incorpora os obxectivos medioambientais das directivas europeas e, a nivel autonómico, segue as liñas do Plan Sectorial de Xestión de Residuos Municipais de Galicia 2030.

Entre os obxectivos máis destacados figuran reducir un 10% a xeración de residuos per cápita, acadar un 60% de recollida separada, mellorar a calidade das fraccións e limitar os residuos que acaban no vertedoiro ao 20% antes de 2030. Tamén prevese alcanzar taxas de reciclaxe superiores ao 50%.

Estas metas contribuirán a situar a cidade da Coruña como referente en xestión sostible e supoñerán beneficios directos para a calidade de vida da cidadanía como a mellora dá limpeza viaria, redución do impacto ambiental e a creación de emprego vinculado á economía circular. Entre as actuacións previstas destaca o reforzo de iniciativas xa postas en marcha como a consolidación dá recollida separada de envases lixeiros, iniciada coa implantación do quinto contedor; o reforzo dá recollida separada dos biorresiduos, a ampliación da actual rede de composteiros comunitarios a outros barrios da cidade e o aumento das recollidas porta a porta comerciais.

Na mesma liña, o Plan prevé un reforzo da recollida de residuos perigosos ou de difícil reciclaxe, ben a través do punto limpo móbil como da implantación de novos minipuntos en toda a cidade, así como a modernización da planta de Nostián. Tamén se reforzarán as campañas de sensibilización e educación ambiental.

Así mesmo, contémplase a posta en marcha de iniciativas novas como as recollidas domiciliarias, programas de prevención do desperdicio alimentario e de consumo responsable e a creación de centros de autorreparación e reutilización ao dispor da cidadanía ligados aos puntos limpos.

Tras a aprobación inicial do Plan pola Xunta de Goberno Local, o documento enviarase á Xunta de Galicia para que emita un informe vinculante antes de levar a súa aprobación definitiva ao Pleno municipal.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión