29 de xullo de 2025

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a firma do convenio do proxecto europeo ALLOCATE, acompañada do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral; o presidente de Altia Consultores, Constantino Fernández Pico; e o representante de Khora Urban Thinkers, Daniel Ayala.
Inés Rey presidiu o acto de firma do convenio no Palacio Municipal acompañada dos socios do proxecto, cun investimento total de máis de 5,5 millóns de euros, dos que máis de 4,4 millóns serán achegados pola Unión Europea a través do FEDER
O Concello da Coruña celebrou esta mañá no Palacio Municipal o acto de presentación e firma do convenio do proxecto europeo ALLOCATE (Acelerar o liderado local mediante a informática aberta e a intelixencia artificial para o empoderamento tecnolóxico), unha iniciativa financiada no marco da Iniciativa Urbana Europea - Accións Innovadoras.
A alcaldesa, Inés Rey, presidiu o acto institucional no Salón Real acompañada do reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; do presidente do Clúster TIC de Galicia, Antonio Rodríguez del Corral; do presidente de Altia Consultores, Constantino Fernández Pico; e do representante de Khora Urban Thinkers, Daniel Ayala, representantes das entidades socias do proxecto.
O proxecto ALLOCATE conta cun orzamento total de 5.521.248 euros, dos cales 4.416.998,40 euros serán achegados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
"ALLOCATE é unha aposta pioneira por unha intelixencia artificial verde, ética e ao servizo da cidadanía. Un proxecto que nos sitúa como cidade referente na transformación dixital inclusiva e sostible", destacou a alcaldesa.
Intelixencia artificial verde e ética para mellorar a cidade
ALLOCATE promove un modelo de intelixencia artificial responsable, aliñado co Pacto Verde Europeo, o Plan Nacional de Algoritmos Verdes e a Estratexia Española de IA 2024, mediante o enfoque "Green-in & Green-by AI":
Un novo ecosistema dixital e colaborativo
O proxecto terá un forte impacto sobre a economía local e o ecosistema tecnolóxico coruñés:
Este modelo reforza o papel da Coruña como nodo estratéxico da innovación dixital en Europa, especialmente tras a designación da cidade como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA).
Gobernanza urbana baseada en datos e participación cidadá
ALLOCATE aposta por unha gobernanza pública baseada na evidencia, con procesos participativos e tecnoloxía centrada nas persoas:
O proxecto desenvolverase entre o 1 de outubro de 2025 e o 31 de marzo de 2029, cunha duración total de 42 meses. O Concello da Coruña exercerá como Autoridade Urbana Principal, liderando un consorcio multidisciplinar que traballará para situar a cidade como referente europeo en gobernanza dixital, innovación ética e transformación urbana sostible.
"Este proxecto sitúa A Coruña á vangarda das políticas urbanas intelixentes e sostibles en Europa. É unha oportunidade para poñer a tecnoloxía ao servizo do ben común", concluíu Inés Rey.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible