Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2025

A Coruña nomea a Rosa Otero Raña Filla Adoptiva da cidade

A alcaldesa, Inés Rey, destacou a traxectoria pioneira de Otero como referente social, económica e de igualdade

A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde no Salón de Sesións o acto de entrega do título de Filla Adoptiva da Coruña a Rosa Otero Raña, muller pioneira e recoñecida pola súa labor social e traballo no terceiro sector: "Polo teu exemplo e pola túa loita. Por abrir portas e lembrar sempre ás mulleres invisibles. Por facer cidade sen excluír a ninguén", dixo a rexedora.

Rey destacou o papel pioneiro de Rosa Otero, muller que "abriu camiños nun mundo no que non se falaba de teitos de cristal, porque todavía había que ser quen de abrir as portas e as ventás". Ademais, a rexedora lembrou o diferente contexto "no que as mulleres tiñan que loitar o triplo para chegar ao espazo que lles correspondía".

Rosa Otero comezou ensinando a ler e a escribir a mulleres sen recursos e posteriormente colaborou coas necesidades das persoas que vivían nas chabolas, snedo unha das cabezas visibles na loita contra as adiccións a través da Asociación Antonio Noche. En canto ao seu compromiso coas mulleres, a alcaldesa lembrou que "como presidenta da Asociación de Amas de Casa puxo nomes, rostros e dignidade a esas vidas que moitas veces quedaban na sombra reclamando un estatuto propio e que as amas de casa puidesen cotizar á Seguridade Social".

Rey subliñou tamén o seu papel fundamental como fundadora de AECO, a asociación de empresarias máis antiga de España: "Ese liderado, ese empuxe é un dos legados máis valiosos que Rosa deixa nesta cidade". Así, lembrou que A Coruña é unha cidade de mulleres pioneiras e que "agora sumamos a Rosa Otero a esa cadea de mulleres que fixeron da nosa cidade un lugar mellor".

Rosa Otero Raña recibiu o nomeamento nunha cerimonia multitudinaria á que asistiron membros da Corporación municipal, autoridades, representantes de entidades sociais, familiares e amizades: "Só hai que mirar ao redor para ver este salón municipal cheo de amigas e amigos, de compañeiras e compañeiros. Amosa precisamente a o cariño e admiración que desperta Rosa".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión