Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de xullo de 2022

A Coruña presenta a súa candidatura para ser sede do Mundial 2030 de fútbol

En caso de ser escollido, levaríase a cabo unha ampliación do estadio de Riazor para chegar ata as 40.000 localidades e incorporar numerosas melloras

O Concello da Coruña presentou este xoves 14 de xullo a súa candidatura para ser unha das sedes do Mundial 2030 de fútbol, dentro da proposta conxunta de España e Portugal. O Goberno local aposta deste xeito por posicionar á cidade nun dos grandes acontecementos deportivos globais, un enorme foco turístico e de visibilidade.

Para conseguir ser unha das 11 sedes seleccionadas por dita candidatura, o Goberno municipal de Inés Rey comprometese a levar a cabo unha reforma e ampliación do estadio municipal, sempre que a candidatura ibérica sexa a gañadora. Os traballos suporían que esta infraestrutura de titularidade local pasaría a ter a unha capacidade de máis de 40.000 espectadores.

O Concello da Coruña estivo representado polo coordinador municipal, Gonzalo Castro na xuntanza de avaliación das sedes candidatas convocada este mércores pola Real Federación Española de Fútbol. O Goberno local destacou a excelente situación do estadio para acoller partidos de fútbol grazas ás múltiples conexións existentes e atopándose no conxunto urbano da cidade. 

Paralelamente ao proxecto de reforma, propoñerase a reurbanización da contorna de Riazor, mellorando a súa integración co Paseo Marítimo entre outros aspectos. O edificio terá que adaptarse á normativa FIFA, o que supón unha actuación xeral para dotalo dunha maior accesibilidade para persoas con mobilidade reducida. Levaranse a cabo outras actuacións nos distintos servicios do estadio, como os vestiarios ou os aseos, ao fin de que o recinto teña a calificación de 4 estrelas que outorga o estamento futbolístico.

En canto á ampliación ata as 40.000 localidades, a proposta municipal suporá a actuación sobre as gradas de Marathón e Tribuna. Na primeira, volverase a integrar a torre no conxunto do estadio, xa que é un elemento patrimonial catalogado. O paso entre Manuel Murguía e a avenida da Habana pasaría a ser cuberto. Esta actuación tamén suporía a creación dun aparcadoiro interior para autoridades e deportistas e salas de uso por definir. Por outra banda, na grada de Tribuna a ampliación suprimiría a beirarrúa e un dos carrís da rúa Manuel Murguía. Por último, proponse tamén a rebaixa da cota do terreo de xogo, creando unhas cinco filas de asentos por grada.

Con todas estas actuacións está previsto que o estadio alcance unha capacidade estimada de 40.200 persoas. A Coruña posiciónase deste xeito como unha das cidades que acollería a competición futbolística máis importante do mundo, unha aposta decidida do Goberno de Inés Rey pola celebración de grandes eventos que se traduzan nun importante retorno económico.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión