8 de enero de 2026
A alcaldesa, Inés Rey, destaca o valor de achegar a alta competición ao deporte base e o compromiso da cidade coa promoción do deporte feminino
O Palacio Municipal de María Pita acolleu este xoves a recepción oficial á Selección Española Absoluta Feminina de Hockey Sala, que se atopa estes días na cidade participando na Redsticks Galicia Indoor Hockey Camp, unha cita internacional que serve como preparación para o Campionato de Europa de seleccións, que se disputará en Praga do 15 ao 18 de xaneiro.
Trátase da primeira vez que a selección española feminina de hockey sala visita A Coruña, nunha estadía que se desenvolve entre o 6 e o 11 de xaneiro e que combina adestramentos, sesións de ximnasio, partidos de preparación contra clubs locais e actividades de contacto co deporte base. A alcaldesa, Inés Rey, puxo en valor durante o acto que a cidade "forme parte dun proceso de preparación ao máis alto nivel, conectando a elite deportiva coa vida deportiva da Coruña e cos seus clubs", subliñando ademais que "ver de preto como traballa e compite un equipo coma este é unha oportunidade moi importante para quen está empezando".
Rey destacou tamén o papel da cidade como sede de eventos deportivos de primeiro nivel grazas ao traballo conxunto entre federacións, institucións e universidade, incidindo en que "A Coruña segue a avanzar como unha cidade comprometida co deporte feminino e coa creación de referentes que amplían horizontes e expectativas para moitas rapazas que veñen detrás", dixo.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, salientou que esta concentración "reflicte o bo momento que vive o hockey sala na cidade e en Galicia, cunha base sólida de clubs, canteira e instalacións que permiten acoller citas deste nivel", e engadiu que "desde o Goberno Municipal continúase traballando para apoiar aos clubs e facilitar que o deporte de base e a alta competición vaian da man".
No acto participou tamén o presidente da Federación Galega de Hockey e vicepresidente da Federación Española, Roberto Baratta, xunto co corpo técnico e as xogadoras da selección, que ao remate fixeron entrega á alcaldesa dunha camiseta e dunha placa conmemorativa da visita.
Unha semana de deporte de alto nivel na cidade
A presenza da selección española coincide coa celebración en A Coruña do Campionato Galego Sénior de Hockey Sala masculino e feminino, que reúne aos mellores equipos da comunidade e se desenvolve en distintas instalacións da cidade, como o Polideportivo Universitario de Elviña, o Municipal de Novo Mesoiro e o Municipal do Ventorrillo.
Ademais, no marco da Redsticks Galicia Indoor Hockey Camp, o Polideportivo Universitario da UDC en Elviña acolle adestramentos con portas abertas, un clinic para os máis pequenos e partidos da selección española feminina fronte a clubs da cidade, reforzando así a promoción do hockey sala e o contacto directo entre a elite deportiva e o deporte base.

26 de marzo de 2026

26 de marzo de 2026

23 de marzo de 2026
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible