Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2026

A Coruña reúne este sábado a destacados nomes do boxeo galego e internacional

O Polideportivo do Barrio das Flores reunirá este 9 de maio combates profesionais, neo-profesionais e amateur con destacados nomes do panorama galego e internacional

A Coruña será escenario este sabado 9 de maio dunha destacada velada de boxeo organizada por LUDUS BOX en colaboración coa Federación Galega de Boxeo, incluída na programación das Festas do Barrio das Flores, nunha cita que reunirá no Polideportivo do Barrio das Flores a algúns dos principais nomes do panorama galego e internacional e que contará ademais con retransmisión televisiva.

A apertura de portas será ás 19.00 horas e a velada arrancará cunha serie de combates amateur protagonizados por novos boxeadores e boxeadoras da contorna, nunha aposta por impulsar o deporte base e dar visibilidade ás novas promesas do boxeo galego.

Entre os pratos fortes da noite destaca o regreso ao ring de Reyes Pla "O Profeta", que disputará a súa terceira pelexa profesional tras conquistar recentemente a medalla de prata na World Boxing Cup celebrada en Brasil. O boxeador coruñés medirase a Iván Matute nun dos combates máis agardados da velada.

O cartel profesional completarase co combate internacional entre o uruguaio Santiago Zanetti, cun balance de cinco vitorias e ningunha derrota como profesional, e Ayrton Luz, nun duelo de gran esixencia deportiva.

A velada contará tamén cun combate neo-profesional entre Adrián e Carlos García, así como co título galego feminino entre Alejandra e María Nahir, dúas boxeadoras en progresión que protagonizarán unha das citas máis atractivas da noite.

No apartado amateur, o coruñés Luis Seren, considerado unha das grandes promesas do boxeo galego, enfrontarase ao noiés Pablo Linayo.

A programación principal da velada arrancará ás 20.30 horas e concluirá cun combate polo título galego elite masculino do peso 75 quilos, que medirá a Carlos García e Adrián Conde nun duelo a cinco asaltos de tres minutos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión