Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2024

A Coruña, sede do evento gastronómico para profesionais máis importante do norte de España

O Galicia Fórum Gastronómico terá lugar en EXPOCoruña do 7 ao 9 de abril

A Coruña acollerá este domingo a primeira xornada do Galicia Fórum Gastronómico que se desenvolverá en EXPOCoruña ata o martes 9. A cidade, referente nacional da gastronomía atlántica, continúa acollendo eventos culturais de renome coma este que se suma, por exemplo, ao Encontro Mundial de Humorismo que arrancará o 25 de abril.

Cociñeiros de primeiro nivel de todo o país, os mellores catadores de viño e expertos en café, reposteiros, produtores e distribuidores nacionais do sector achegaranse esta fin de semana aos sete escenarios que albergarán as actividades do Galicia Fórum Gastronómico para mostrarlle ao público asistente o presente e o futuro da gastronomía.

A cociña atlántica é un símbolo da cidade da Coruña que logrou posicionala como un referente a nivel nacional. A gastronomía coruñesa é cada día máis recoñecida grazas a todos os axentes e administracións que contribúen a facela máis sostible, más vangardista e para todos os públicos. Así, o Goberno de Inés Rey continúa colaborando con actividades para fomentar unha forma diferente de gozar da cociña atlántica desde diferentes perspectivas ao tempo que se potencia o sector turístico gastronómico, eixe estratéxico da promoción do territorio.

Sete espazos para pecar coa mellor gastronomía

As propostas gastronómicas e lúdicas deste encontro para profesionais desenvolveranse en sete escenarios dentro de EXPOCoruña: o auditorio, con relatorios en directo dos cociñeiros e cociñeiras máis prestixiosos; a zona de obradoiros, onde importantes profesionais do sector farán varias demostracións culinarias; o Ágora, un espazo pensado para degustacións de produtos e servizos; o FórumLab, lugar destinado á reflexión e á cociña das ideas; Cook Trends, un gran espazo de restauración onde os visitantes poderán degustar distintas opcións gastronómicas coa sostibilidade como fío condutor da propia oferta e o Craft Beer Market coa cervexa artesá como protagonista.

Premio Cociñeiro Galego 2024

Nesta edición tamén se recoñecerá co premio Cociñeiro Galego 2024 Galicia Fórum Gastronómico a un dos cinco profesionais que optan ao galardón que recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que usan un produto de proximidade e que, ademais, teñen sensibilidade coas producións ecolóxicas e colaboran con produtores locais.

Participan Fernando Rodríguez e Eva Guzmán do restaurante O Secadoiro (Outes), Víctor Conus de La Mesa de Conus (Vigo), Alba Aguiar e Álex Falcón de D'Leria (Carril), Alberte Gutiérrez de Alberte (Pontevedra) e Begoña Vázquez do restaurante O Regueiro da Cova (Verín).

A resolución do premio darase a coñecer o domingo a partir das 16.30 horas no auditorio.

A mellor empanada de Galicia

Un dos produtos estrela da gastronomía galega terá este ano un papel moi especial. O Ágora de EXPOCoruña acollerá o martes 9, ás 16.00 horas, o I Concurso de Empanadas de Galicia.  O premio para o autor ou autora da mellor empanada galega entregarase no auditorio ás 18.30 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión