11 de decembro de 2025
A cidade acollerá competicións de ámbito autonómico, estatal e internacional en disciplinas como hóckey, fútbol, boxeo, ximnasia, voleibol, escalada, pelota vasca e baile deportivo, cun importante impacto económico e social
A cidade da Coruña converterase dende hoxe nun referente do deporte a nivel autonómico e estatal, cunha ampla programación de citas deportivas que abarcan disciplinas tan dispares como a ximnasia rítmica, o boxeo, o baile deportivo, a escalada ou o hockey sala.
Agárdase a chegada de milleiros de participantes e visitantes procedentes de puntos tan dispares como Lisboa, Alcorcón, Torrelavega, Avilés, Manlleu, Donosti, Mallorca, Gijón, Terrasa, Bilbao ou Almería se acheguen á cidade tanto como participantes como acompañantes, nunha semana que volve demostrar o potencial da Coruña como cidade líder na práctica deportiva.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, sinalou que A Coruña "volve se converter nun gran escenario deportivo en diferentes instalacións municipais por todos os barrios, como no Coliseum, pavillóns do Ventorrillo, dos Rosais, do Barrio das Flores ou da Sagrada Familia, o Palacio dos Deportes, o Rocodromo de Riazor, o Frontón da Torre ou o Estadio Municial de Riazor, cunha semana chea de propostas para todos os públicos". E conclúe: "A combinación de deporte de base, eventos nacionais e probas tan especiais como o baile deportivo, fai que esta programación represente os valores que queremos impulsar desde o Goberno de Inés Rey".
Xoves 11 de decembro
WSE Champions League - Hockey Club Liceo vs Sporting CP
Venres 12 de decembro
Velada de boxeo
III Torneo de Nadal de Frontenis Pre-Feminino
Sábado 13 de decembro
I Copa Deputación de Baile Deportivo
X Open Cidade da Coruña de Escalada - Nadal 2025
Gala de Nadal - Club Ximnasia Rítmica Coruña
Sector Nacional de Hockey Sala Cadete Feminino - Día 1
Copa de Galicia de Pelota Vasca - Campionato de Clubs 2025
Voleibol feminino - Superliga 2
Fútbol - RC Deportivo vs Real Sociedad B
Hóckey a patíns - OK Plata masculina
Fútbol - Montañeros vs SD Compostela
Domingo 14 de decembro
Sector Nacional de Hockey Sala - Día 2
Campionato de Wushu
Gala de Nadal - Club Ximnasia Rítmica Milenium
Hóckey a patíns feminino
Voleibol feminino - Primeira División Nacional
Hóckey a patíns - OK Liga masculina
Martes 16 de decembro
Fútbol - Copa do Rei: Deportivo vs RCD Mallorca
Mércores 17 de decembro
Baloncesto - Leyma Coruña vs COB Ourense

5 de decembro de 2025

3 de decembro de 2025

2 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible