Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2016

A Coruña sitúase como o sexto Concello do Estado con maior penetración en redes sociais entre a poboación

O Goberno local abriu perfís sociais nas redes o pasado 10 de xullo na súa aposta pola comunicación desde María Pita coa cidadanía

O Concello da Coruña sitúase na sexta posición dos municipios de todo o Estado con maior penetración nas redes sociais. Segundo un estudo recente asinado pola consultora de comunicación ACH Cambre, A Coruña sitúase entre os dez primeiros concellos que gozan de maior número de seguidoras e seguidores entre a súa poboación. Na mostra, elaborada sobre datos obtidos tanto do Instituto Nacional de Estatística como dos propios perfís oficiais na rede de 50 capitais de provincia, o municipio obtivo un ratio de case o 60% entre o número seguidoras e seguidores que ten nas redes sociais e que pertencen á poboación do termo municipal.

As cidades que gozan da maior repercusión entre a súa veciñanza son Barcelona, Girona e Lleida, cun índice superior ao 100% -ao ter un maior número de seguidoras e seguidores que de poboación-, seguidas de Santander (78,4%), Segovia (69,1%) e A Coruña (59,2%). En Galicia o municipio coruñés sitúase a cabeza desta lista, por enriba de Ourense (33%), Pontevedra (21%) e Lugo (14%).

O Goberno local abriu perfís nas redes sociais Facebook e Twitter o 10 de xullo de 2015. Desde entón, conta cunha presenza relevante entre os perfís locais ao ofrecer comunicacións oficiais de interese para a cidadanía. Entre os contidos que se atopan mestas redes sitúanse informacións sobre as decisións e propostas do executivo municipal, avisos de interese ou axenda municipal, así como a retransmisión ao vivo de eventos como as sesións plenarias ou encontros 'Dillo ti'.

Ademais de contar con presenza en Facebook, Twitter ou Youtube, o Concello da Coruña tamén conta cunha canle oficial de Vimeo -rede que non forma parte do estudo- na que poden consultarse todos os vídeos institucionais, organizados por canles, das distintas concellerías e proxectos municipais. Entre elas atópase a canle Plenos, na que se poden reproducir todas as sesións plenarias -ordinarias e extraordinarias- celebradas desde o pasado 11 de xullo así como a propia investidura do alcalde, Xulio Ferreiro, todas elas retransmitidas desde a portada do portal municipal www.coruna.es

O estudo tamén conclúe que o rexedor coruñes se sitúa na sexta posición dos alcaldes e alcaldesas con maior repercusión nas redes sociais cun 11,5% de penetración entre a poboación, unha lista que encabeza o rexedor de Cádiz, José María González 'Kichi', seguido da alcaldesa de Barcelona, Ada Colau (42%), o primeiro edil de Soria, Carlos Martínez (20,1%), a rexedora de Madrid, Manuela Carmena (17%) e o alcalde de Lleida, Àngel Ros (13%).  

Desde xeito, A Coruña é a única das catro localidades do Estado, xunto a Barcelona, Lleida e Toledo, na que tanto os perfis institucionais como os das e dos primeiros edís sitúanse entre os 10 primeiros postos do índice de penetración entre a pobocación.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión