Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de xaneiro de 2025

A curtametraxe de promoción turtística da Coruña ‘Ao Noroeste do Oeste’ supera as 250.000 reproducións nas redes sociais

O vídeo creado por Javier Veiga foi unha das sensacións audiovisuais desta edición de Fitur

A curtametraxe 'Ao Noroeste do Oeste', encargada polo Concello e o Consorcio de Turismo da Coruña como nova campaña de promoción turística da cidade, supera as 250.000 reproducións tras a súa estrea do pasado martes 21. A ficción dirixida, escrita e protagonizada por Javier Veiga convértese deste xeito nun dos contidos audiovisuais máis virais dos presentados no contexto da celebración da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2025.

"Este ano desde o Goberno de Inés Rey quixémoslle dar unha volta á nosa promoción turística e contar unha peza innovadora e moi diferente ás que fixemos ata o momento e tamén ás que se puideron ver estes días en Ifema", sinala Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. A curtametraxe conta tamén con Xosé A. Touriñán como coprotagonista. Interviñeron tamén na produción como figurantes os hostaleiros do Chafán Bar e El Antiguo, Rafael Varela e Israel Cubillo, a gañadora da categoría absoluta do circuíto Coruña Corre 2024, Inés Papín; a xornalista Lucía Dávila, o músico e artista Marcos Viascón e os membros da agrupación Pantaleón Consuelo Roque e Xosé Lois Cortés.

A primeira hora deste sábado, o número total de reproducións da curtametraxe nas diferentes redes sociais do Concello é de máis de 250.000. O vídeo converteuse no máis reproducido da historia da canle de YouTube do Concello unhas poucas horas despois de ser publicado e a día de hoxe supera as 136.000 reproducións e un total de máis de 5.000 horas de visualización por parte das persoas usuarias. 

A audiencia procede maioritariamente de España mais tamén de países como Arxentina, Estados Unidos, Reino Unido ou Suíza, territorios cun gran número residentes de orixe coruñesa e galega. Por cidades, A Coruña, Vigo, Madrid, Barcelona e Santiago de Compostela son aquelas onde máis se reproduciu o vídeo, xunto con Londres, Montevideo e Cidade de México como principais urbes estranxeiras.

En canto ao resto de redes sociais, as cifras tamén reflicten o éxito da curtametraxe de Javier Veiga. En Instagram a súa versión reducida dun minuto acumula máis de 87.000 visualizacións e case 2.000 "gústame". En X, pola súa banda, a curtametraxe chegou ás 16.000 reproducións, tamén na súa versión reducida. Ademais, a ficción promoveuse nas pantallas xigantes da praza de Callao e a Gran Vía de Madrid durante a semana na que se celebrou Fitur e foi recollida por numerosos medios, tanto locais como nacionais.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión