Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2023

A Domus acolle este sábado 13 de maio unha xornada de experiencias científicas con motivo da final do concurso escolar ‘Imaxina Coruña’

O acceso á Domus será de balde durante toda a xornada. Ademais, haberá unha exposición dos proxectos participantes no certame, obradoiros e espectáculos científicos para públicos de todas as idades

O programa municipal 'Imaxina Coruña', organizado polo Concello a través dos servizos de Educación e Museos Científicos, chega esta fin de semana á fase final do concurso escolar no que participa o alumnado de diversos centros educativos da cidade e a área metropolitana.

'Imaxina Coruña' ideouse co obxectivo de difundir a cultura científica e tecnolóxica entre as rapazas e rapaces que cursan Educación Secundaria. Partindo da temática proposta este curso, a ciencia cidadá, convidóuselles a desenvolver unha investigación para a resolución dun problema real na sociedade.

Para conseguilo contaron, ademais, coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), que elaborou unha app para dispositivos móbiles deseñada expresamente para a execución de proxectos de ciencia cidadá no eido escolar.

Desta forma, este sábado 13, na Domus, o alumnado participante no certame presentará os seus proxectos ante un xurado e ante o público, en horario de 10.00 a 13.30 horas. Unha vez visitados os espazos, o xurado retirarase a deliberar, comunicará o seu veredicto e, xa finalmente, levarase a cabo a entrega de premios, que terá lugar ás 13.30 horas.

Os centros educativos que chegan á final do concurso, con proxectos sobre a calidade da auga nas fontes, a contaminación luminosa, o CO2 nas aulas, mapas sonoros da cidade e as lembranzas dos edificios antigos, son os seguintes: IES Urbano Lugrís, IES David Buján, CPE Compañía de María e CPR Escravas do Sagrado Corazón.

A xornada completarase con talleres e espectáculos científicos:

De 11.00 a 13.00 horas: 'La lengua del olor', por Odour Collect. Un obradoiro para público familiar, de participación libre, ata completar a capacidade prevista. Este taller consta de dúas actividades: 

  • Obradoiro para adestrar o nariz e a linguaxe olfactiva con xogos e olores.
  • Creación dun mural colaborativo dos olores do barrio.

Desde as 17.00 horas: espectáculo científico a cargo de David Ballesteros. Será de acceso libre, ata completar a capacidade prevista. É necesario retirar as invitacións media hora antes do inicio da actividade; entregaranse dúas por persoa na recepción do museo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión